5/4/12

Dicionario da RAG actualizado e en liña.


              A Real Academia Galega, vén de publicar moi recentemente a tan esperada actualización do seu dicionario. Por fin podemos contar en liña cunha versión que ofrece solucións acordes coa normativa de 2003 .
      O dicionario ofrece información sobre a pronuncia, grafía e significados correctos das palabras. Achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade,  incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.
No que se refire á súa consulta en liña, a páxina propón un sistema preditivo de busca que facilita a procura do termo. Na marxe dereita preséntanse os termos máis buscados polo público e a definición dunha "palabra á toa", ademais dun formulario que permite enviar calquera suxestión para favorecer unha mellora constante do dicionario. Ademais, unha aplicación permítenos enviar a Twitter a procura realizada, contribuíndo, deste xeito, á socialización do galego no seo das redes sociais. 
Non foi sen tempo . Desde hoxe incluímos o dicionario na sección de enlaces de interese, para que todos/as poidades consultalo cando precisedes.

2 comentarios:

  1. Ángeles7/4/12 14:24

    Por fin temos o Dicionario da RAG na rede.Canto me alegrei. Moi ben, Belén.

    ResponderEliminar
  2. Xa vexo que engadiches moitos enlaces de interese. Grazas, Belén!

    ResponderEliminar