
Na saída o alumnado tivo que cumprimentar un caderno de traballo cuxo contido se achega para aqueles que queiran facer uso do mesmo.
CADERNO DE TRABALLO .
( Cada caderno de traballo debe ir acompañado dun plano do casco vello de Ourense)
1. ¿Como se chama o primeiro claustro do mosteiro?
2. Nomea algúns personaxes famosos esculpidos nos medallóns do 2º claustro.
3. ¿Que estilos arquitectónicos atopamos na igrexa? Fixádevos nos arcos e nas bóvedas, ¿como son?
4. ¿Que tipo de decoración ten a igrexa? ¿A que época corresponden as pinturas e que temas representan?
5. ¿Cantas capelas ten o deambulatorio? ¿Con que material están feitos algúns dos seus altares?
6. Busca a imaxe da Virxe do Neno. ¿Onde está situada? ¿Que fai? ¿Como se lle chama?
7. A sala capitular. ¿Para que se usaba? ¿Como son as bóvedas e columnas? ¿A que estilo pertence?
8. O refectorio. ¿Para que se utilizaba? ¿Para que servía o balcón que hai na sala?
NO PAZO DE TRASALBA:
1. Citade tres ou catro obxectos persoais que aínda se conservan de don Ramón.
2. ¿En que parte da casa adoitaba escribir?
3. ¿En que dependencia da casa recibía habitualmente aos seus amigos?
4. ¿Que tiña a nai de Otero na súa habitación?
5. Cita dous persoeiros galegos que teñan cadros no pazo de Otero.
6. ¿Que era antigamente o que hoxe é a tenda?
7. ¿En cantos arcos descansa a solaina principal e que tipo de arcos son?
8. Cita tres ou catro características do pazo actual que estean presentes no pazo da Seara, ou pazo dos Doncos de Os camiños da vida. Escribe o nome do señor deste pazo e da súa muller. Para esta contestación debes consultar previamente a obra.
9. ¿Que tipo de bosque había ao lado da capela barroca do pazo? Explica se queda algo na actualidade dese bosque.
10. ¿Que outro pazo está preto deste e que podes ver hoxe do mesmo?
11.¿A que balcón de ferros traballados se refire o monxe que comeza a falar no capítulo I da obra antes mencionada e que ten que ver este personaxe co mosteiro de Oseira?
POR OURENSE:
Cidade de orixes romanas, nacida nun val ben protexido por pequenos outeiros, arredor dunhas augas termais e nun importante cruzamento estratéxico de vías de comunicación e correntes fluviais...
Os puntos de referencia do Ourense antigo: as Burgas, a Ponte Vella, a Catedral, Santa María Madre, os Pazos e Curral do Bispo (hoxe Museo Arqueolóxico), o convento e claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade, a igrexa barroca de Santa Eufemia, etc.
Ourense é unha cidade fortemente literaturizada. Moitos foron e son os autores que crearon ao redor da urbe das Burgas o seu espazo literario. Aquí tes algunhas referencias:
Afonso X O Sabio nunha cantiga fai referencia ao boo viño da cidade d'Ourens.
Curros Enríquez e Valentín Lamas Carvajal na época do rexurdimento.
Ramón Otero Pedrayo constrúe parte da triloxía Os camiños da vida ao redor da transformación da cidade no tránsito entre a vella sociedade tradicional e o mundo contemporáneo no que agroma ao tempo que dobra o século XX.
Vicente Risco dá voltas e reviravoltas pola cidade nas súas novelas. Florentino López Cuevillas, aínda que non escribiu novela, tamén constrúe ensaios sobre a cidade.
Carlos Casares, Méndez Ferrín, Manuel Guede, Francisco Fernández Naval..., son autores que contribúen a facer de Ourense a cidade con máis literatura urbana da Galicia actual.
Entre todos eles, destaca de xeito moi especial, Eduardo Blanco Amor. Este ourensán comprometido e polifacético fixo que a cidade tomase vida en cinco das súas obras:
A esmorga
Os biosbardos
Xente ao lonxe
La Catedral y el niño
Los Miedos
Dende que iniciedes o percorrido por Auria non deixedes de prestar atención:
A Esmorga é unha novela de aventuras na que os seus heroes son convictos da xustiza. A viaxe, o itinerario que fan por Auria (Ourense) é unha fuxida na que buscan o máximo pracer durante o que será o seu último día de liberdade. Os esmorgantes ao longo do seu itinerario frecuentan as súas rúas, as súas prazas, as fontes e as igrexas, as súas pontes...
Os cafés son os templos da modernidade onde se escribe a historia cotiá da cidade e das súas xentes. Nas vellas mesas de mármore de cafés como “La Unión”, o “Victoria”, o “Royalti”, o “Moderno”, a “Bilbaína” ou o “Miño” tramouse boa parte da nosa memoria política e da nosa vida económica e social. Alí naceron grandes aventuras políticas, pactos e conspiracións, arriscadas empresas económicas e ambiciosas iniciativas culturais. Especialmente no Ourense da xeración Nós, as “tertulias” dos cafés representaban o microcosmos da pequena cidade provinciana.
16:00 Cemiterio de San Francisco
O romántico cemiterio de San Francisco cativou a poetas e escritores pola súa localización sobre a cidade, pola luz permanente do amencer ao solpor e o arrecendo dos seus loureiros e alciprestes, pero tamén pola fermosura dos seus cruceiros. Propoñémosvos que localicedes:
16:30 Praza do Correxidor
Queda de camiño dende o cemiterio á catedral, máis ou menos. Localizádea no plano e respondede á seguinte pregunta:
16:45 Catedral
17:05 Rúa da Paz
Antiga rúa dos Zapateiros, estreita, longa, sempre fresca, pavimentada de gastadas lousas...
17:15 Praza do Ferro
11. ¿De onde procede a fonte que se atopa nesta praza? Descríbea sinxelamente.
17:25 Praza Maior
É a praza na que vivía don Celidonio, o protagonista de O porco de pé, de Vicente Risco, o corazón da vida ourensá, asolagada de historia e tamén de paz e silencio debaixo dos seus soportais.
17:35 Igrexas de Santa Eufemia do Centro e de Santa María Madre.
17:50 Igrexa da Trindade
17:55 IES Otero Pedrayo
Ramón Otero Pedrayo ingresou no Centro Provincial de Instrucción do Posío en 1898. Alí coincidiu con Florentino López Cuevillas. Este centro foi creado no ano 1845 e estaba situado na rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal); pasou a este edificio en 1897.
18:00 Xardíns do Posío
18:15 As Burgas
As Burgas constituíronse como o núcleo orixinario da cidade de Ourense, da Auria de Blanco Amor, Otero e os homes da xeración Nós.
20. ¿Explica por que a auga sae quente?
|
Quedan aquí para o alumnado que participou este ano, dous vídeos nos que se recolle o contido da saída didáctica.
Que boa pinta ten todo!
ResponderEliminarCanto traballo hai detrás de toda actividade...
Que ben o pasamos!
ResponderEliminarFoi unha excursión para recordar,que bonito video.
ResponderEliminarQue rato más bonito he pasado viendo las fotos y el vídeo.
ResponderEliminarSi dejais la docencia, desde luego podeis dedicaros a la imagen y comunicación; la música, las fotos, el vídeo, es todo perfecto.
Que buen recuerdo para todos los que fuisteis.
Me da pena que ahora que se empiezan a hacer actividades culturales tan interesantes y los padres podemos verlas y comentarlas, mis hijas ya se haya ido una y la otra se va este año.
Pero ánimo que quedan todavía muchos/as y vuestro trabajo es buenísimo, da gusto cuando se encuentran buenos profesionales.
Mª Carmen