Iniciada en Francia en 1982 como "Festa da Música" e asumida como celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Música),no solsticio de verán (21 de xuño) celébrase na Unión Europea unha xornada destinada a promover o intercambio cultural entre os pobos a través da música baseado nos seguintes principios: aberto a todos os tipos de música, aberto a músicos profesionais e afeccionado de calquera idade, a celebración, a ser posible, en espazos abertos, e con eventos gratuítos.
Aproveitamos esta conmemoración para difundir dous dos traballos de música máis recentes en Galicia:
O último traballo de Luar na Lubre, Mar Maior, inicia o seu percurso cunha boas cifras de vendas. Na mesma semana do seu lanzamento, o pasado 5 de xuño, o disco acadaba situarse como o 31 disco máis vendido do Estado. O álbum que supón a estrea de Paula Rey como vocalista do grupo, está editado por Warner Music e inspírase no coñecidoLibro das invasións que fala sobre os mitos e a historia antiga de Irlanda. Música medieval mestúrase coa tradición galego portuguesa e composicións propias neste proxecto.

PELDENOZ
Temas da tradición galega pasados polo filtro de estilos coma jazz, swing, blues, soul, contemporánea, tango ou rock. Esta é a proposta que fai o dúo Peldenoz (
Alonso Caxade ao acordeón e Alberto Rodríguez ao contrabaixo )en jazz & trad, o seu primeiro disco autoeditado, que está a chegar estes días ás tendas e que se pode escoitar tamén na rede.
uPELDENOZ - jazz & trad (2012) | FUSIóN || MeGA || música en galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario