28/11/11

O SUFIXO - MENTO


7. O SUFIXO - MENTO

É un sufixo que serve para formar substantivos a partir de verbos. Estes substantivos manteñen sempre a vogal temática do verbo de que proceden:
• Se proceden dun verbo da primeira conxugación: a vogal temática é a
trasvasar > trasvasamento regular > regulamento  pagar > pagamento
• Se proceden dun verbo da segunda conxugación: a vogal temática é e 
coñecer > coñecemento esquecer > esquecemento  crecer > crecemento
• Se proceden de verbos da terceira conxugación: a vogal temática  é i 
investir > investimento revestir > revestimento

Non son correctos, xa que logo, substantivos do tipo *movimento (movemento); *atrevimento (atrevemento) ou *padecimento (padecemento)


1 comentario:

  1. Canto aprendemos con vós, que gusto!

    ResponderEliminar