28/5/12

FAI TEU O GALEGO


CARLOS CALLÓN é o autor do  artigo gañador do VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, 2012. O artigo titúlase FAI TEU O GALEGO  e nel  dánselles algunhas recomendacións aos que lles costa botarse a falar no noso idioma. Reproducimos aquí uns fragmentos instándovos a todos/as  a lelo completo porque paga a pena.

 (...)            Se non tes hábito de falar en galego, talvez ao principio te sintas como cando escoitas a túa voz gravada e parece que non fose a túa. Quizais te preguntes se vas perder matices, claridade ou fluidez. Ten pacienciña: é todo cuestión de hábito e, en moito menos tempo do que agora che parece, non lle verás ningunha incomodidade, senón ao contrario. Tampouco teñas medo aos erros. Coa práctica has cometer menos e ademais... Temos dereito a equivocarnos! Nunca esquezamos que eses nosos erros lle dan nova vida ao galego.
(...)
                  Do que non cabe dúbida é de que falando en galego terás outra experiencia diferente de Galiza e do mundo. Porque un idioma non é só un vehículo de comunicación, senón tamén un xeito de entendermos, de nos relacionarmos co medio, de recibirmos tradición e historia, etc.



1 comentario:

  1. É todo cuestión de hábito, certo ;)

    ResponderEliminar