29/5/12

Nace unha revista de fútbol en galego


         

       Como directores da revista Kubus, primeira de fútbol en galego, figuran Rubén González e Javi Paz. mais con eles na nómina aparece unha manchea de persoas que se ocupan das colaboracións. O proxecto é modesto mais os seus textos evidencian entusiasmo polo deporte e a enerxía da mocidade. Contra o que nos teñen afeito as revistas deportivas, en Kubus non atoparemos só información das competicións futbolísticas. Historia, crónica e retrato de personaxes nesta nova publicación.
         A saída é modesta mais o proxecto ambicioso. “Seguido unha liña similar á marcada por Antonín (Proxecto Panenka), “So Foot” no país galo, “Un Caño” en Arxentina, “11 Feunde” en Alemaña, Tentando combinar ideas, mesturar pontos de visión e adubar todo coa tremenda ilusión que se ten no proxecto” comentan no seu inicio.

1 comentario:

  1. Aínda que o fútbol non é o meu, ben está...

    ResponderEliminar