6/5/12

Segredo ou secreto?


Con frecuencia prodúcese a confusión entre estes dous termos coa mesma orixe etimolóxica mais cun uso diferenciado. 
Secreto é un cultismo reservado para usarse como adxectivo, mentres que segredo , a palabra patrimonial,é sempre un substantivo.
Polo tanto é incorrecto:  Teño unha mensaxe segreda * e haberá que dicir  
“ Teño unha mensaxe secreta”  xa que nesta oración estamos diante dun adxectivo.
Por outra banda, tamén será incorrecto dicir  “Teño un secreto” * xa que o propio é usar a forma “segredo”   cando se trata dun substantivo. 

SE QUERES VER TODAS AS ACLARACIÓNS QUE FORON EDITADAS ATÉ  ESTE MOMENTO FAI CLIC  NO SEGUINTE ENLACE :


1 comentario:

  1. Belén, falas como un libro aberto...

    ResponderEliminar