13/6/12

A Filla da Ría de Prata ( Guía de Sada)

        A guía de Sada que mostramos a continuación, é o resultado dun proxecto de traballo dentro do programa  Galicia: para vivírmola deseñado e desenvolvido no noso centro para o alumnado de PDC ( Programa de diversificación curricular)   baixo a coordinación do profesor Xosé Seoane Cao . 
           Este documento , resultado da suma de traballos escolares  nun longo proceso, recolle  a información máis relevante do concello de Sada e compleméntase cun folleto turístico , unha presentación audiovisual , unha exposición de hórreos , cruceiros , fontes e lavadoiros e un documental ( que tamén publicaremos neste blog en breve). Dedícase o traballo a Isaac Díaz Pardo , galeguista histórico e exemplo a seguir, no ano do seu pasamento.




3 comentarios:

  1. Parabéns por este traballo tan ben feito e do que todos nos sentimos orgullosos.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa, unha vez máis, dende A Esperela!

    ResponderEliminar
  3. Parabéns por ese traballo riguroso e ameno.

    ResponderEliminar