O EDLG retoma a tradicional actividade de edición de calendarios. Este curso teremos un calendario lingüístico - literario de 2012 para cada aula. Ademais neste blog e na páxina web do centro, publicaremos calendarios mensuais nos que incluiremos explicacións e referencias relacionadas coa lingua e a literatura galegas ,( refráns, aclaracións lingüísticas, novas sobre a lingua, actividades do noso instituto...).
O noso desexo é que gusten e teñan utilidade para toda a comunidade escolar, así que podedes copialos ou imprimilos se queredes usalos.
Tamén podedes ver aquí algunhas mostras dos cursos pasados:
Que traballo tan bonito e minucioso! Grazas, Belén, por facelo e compartilo con nós. A idea de podelo imprimir para ter na casa é fantástica. :)
ResponderEliminarXa teño o meu!
ResponderEliminarInés, eu tamén imprimín un partindo do publicado no blog e vin que non queda moi nitido. Vou buscar a maneira de poder colgalos no blog como documentos de texto, creo que quedarán mellor.
ResponderEliminarFelicidades polo blog.
ResponderEliminarGrazas Leonor, veñen moi ben os ánimos .
ResponderEliminar