4/12/11

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ RECIBE O PREMIO IBEROAMERICANO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

 Agustín Fernández Paz recibeu o VII Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil SM, rodeado de amigos escritores e editores, e acompañado pola súa filla. O acto foi un emotivo recoñecemento a toda unha vida dedicada a escribir por e para o público lector máis novo. Asistiron á entrega, celebrada nun dos salóns das instalacións da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, o seu editor de toda a vida, Manuel Bragado, así como os escritores e amigos, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, convidados pola FIL para participar en diversas actividades. A delegación galega en Guadalajara, tamén o Director Xeral do Libro, foron testigos dunha tarde inesquecible na que foi particularmente emotiva a semblanza que Mª Jesús Gil, editora e integrante da Fundación SM, realizou de Fernández Paz; unha semblanza chea de alusións á infancia e á importancia da figura do pai na carreira do escritor.O autor manifestou sentirse emocionado por estar na FIL, "un evento no cal o entusiasmo late con tanta forza que podería cambiar o mundo". 
Fernández Paz agradeceu a todos a súa presenza e por acompañalo nun  día tan emocionante para el, especialmente á súa filla.                           
                                 
Nubia Macías, Directora da FIL, díxolle a Agustín na súa intervención, que lle houbese gustado telo como profesor de Secundaria e agradeceulle que escribise para tantos chavitos que disfrutaban cos seus libros en Galicia e en outros moitos lugares do mundo. Tamén interviñeron no acto, Alicia Molina, representando ao Xurado do Premio; Fernándo Zapata, Director de CERLAC; Leoncio Fernández, da Fundación SM e Mª Jesùs Gil  .
O galardón conta co apoio  da Fundación SM, CERLALC, Oficina Rexional de Educación para América Latina e o Caribe a da UNESCO, IBBY e a OEI.  
       Parabéns, Agustín, merecedor do noso recoñecemento como un grande escritor. Coa túa obra temos tido momentos de gloria e, como non, seguímolos a ter. Divulgamos deste xeito este premio que se lle concedeu ao autor de Cartas de inverno, xa que os medios non o fixeron.     
Vía Asociación  Galega de Editores.                      

4 comentarios:

  1. PARABÉNS, AGUSTÍN! AÍNDA LEMBRAMOS A TÚA VISITA Á ESPERELA...

    ResponderEliminar
  2. Que premio tan merecido para Agustín Fernández Paz, sempre con vontade didáctica e sempre tan íntegro. Eu tamén lembro a súa visita á Esperela como algo entrañable e enriquecedor. Canta modestia para ser tan grande!

    ResponderEliminar
  3. Jano Ennes 3*A7/12/11 19:31

    Uns dos escritores mais coñecidos achegase a noso centro, increíble.

    ResponderEliminar
  4. Si Jano, foi un privilexio telo connosco.

    ResponderEliminar