3/12/11

NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

Acábame de comunicar o noso realizador preferido (Javier González Garrido, 2º BACH) que SECHU SENDE, autor de "Made in Galiza", a obra que nos inspirou a curtametraxe "Na oficina de obxectos perdidos", vén de publicar no seu blog a referencia ao noso traballo e os seus parabéns (de seguro que a nosa Belén ten algo que ver nisto). Deste xeito, o EDLG, e o IES O Mosteirón, teremos resonancia mundial.
Xa sabedes, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un equipo para que o galego vaia a máis.

PD: A referencia do blog é


http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?mes=12&ano=2011

7 comentarios:

  1. De Mosteirón para o mundo!

    ResponderEliminar
  2. Ao longo desta semana o alumnado de galego do Instituto Español Cañada Blanch de Londres van tamén disfrutar do voso excelente traballo. Grazas rapaces e rapazas, grazas compañeir@s polo voso esforzo.

    ResponderEliminar
  3. No blog de Trafegando Ronseis hai tamén un enlace á performance de 4º de ESO...
    Que éxito!!
    http://trafegandoronseis.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  4. Javier González5/12/11 11:49

    Aqui deixo algunhas críticas sobre o video:

    http://edulin-2.blogspot.com/2011/12/buscando-linguas.html#comment-form

    ResponderEliminar
  5. Que alegría, Javier! Noraboa!

    ResponderEliminar
  6. Olá, amigos e amigas, acheguei-me ao vosso blog para felicitar-vos polo trabalhazo feito, o resultado é boíssimo. Hai anos -justo antes de que chegara o PP ao governo e se iniciassem os seus ataques á língua- houvo um projecto para realizar umha longametragem sobre Made in Galiza. Umha das histórias que estavam no guiom, para a que já tinhamos pensado actores, era Na oficina dos obxectos perdidos. Daquela eu estava na co-direcçom do filme e resultava-me mui difícil poder imaginar o resultado final, audiovisual, de algo que começou como -inicialmente- um guióm para um programa de rádio. Assi que quando descobrimk o outro dia o vosso vídeo flipei. Directamente. Fiquei maravilhado pola forma em que resolvestes a história. Mui bem polo actor, pola actriz e pola montagem, e esses efectos especiais que enchem de mágia esta história sobre a recuperaçom da nossa língua.
    Envio-vos um abraço grandíssimo! Parabéns! séchu

    ResponderEliminar
  7. Pablo Diaz8/12/11 16:54

    Noraboa de novo aos meus ex-compañeiros de Mosteirón polo traballo que están a facer este curso! Mágoa que eu non poida participar con eles tamén!

    ResponderEliminar