2/12/11

Na oficina de obxectos perdidos



Gran éxito da película "Na oficina de obxectos perdidos", última produción de Édelingua, a produtora de audiovisuais do EDLG do IES O Mosteirón.
Unha chea de aplausos premiaron o traballo desenvolvido por Javier González Garrido (dirección e montaxe) e Miriam Gudiña Esmorís e Damián España Vieito (actriz e actor) nesta nova produción audiovisual. Non esquezas a mensaxe: "Nunca perdas a túa lingua".
Parabéns para todos.

5 comentarios:

  1. Acabo de ver a película dende casa e síntome moi orgullosa de vós. Fixestes un traballo magnífico e moi profesional.
    ¡Noraboa mozos! ¡Agora a promocionalo!
    Un saúdo,
    Cristina, a vosa profe de inglés :-)

    ResponderEliminar
  2. Parabéns a todos e todas. Que traballo tan ben feito. Javier desde logo vai camiño de ser un gran profesional da produción e da dirección. A coordinación de Xosé é sen dúbida valiosísima , igual que o seu entusiasmo para posibilitar o espazo cinema. E... que dicir dos actores , están ...SOBERBIOS!
    Moitísimos bicos a todos/as .

    ResponderEliminar
  3. Reitero as miñas felicitacións a todos os implicados. Formades un gran equipo do que eu tamén estou orgullosa.
    Parabéns e bicos e apertas!

    ResponderEliminar
  4. Ángeles Lesta2/12/11 19:04

    Encantoume a curta, mesmo cheguei a emocionarme ao vela.
    Parabéns a todos vós polo ben facer, por lle dar pulo ao audiovisual no instituto e por entusiasmar aos alumnos e aos profesores co voso traballo.
    Ánimo e moitos bicos.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns, que marabilla!!!
    http://ceipmosteiron.es/index.php?option=com_k2&view=item&id=106:curtametraxe-de-alumnos/as-do-ies-o-mosteirón&Itemid=122

    ResponderEliminar