4/3/12

Fotografía inédita de Rosalía de Castro

 Hai uns sesenta días máis ou menos, volvín a unhas fotocopias que tiña gardadas da época da investigación rosaliana porque quería facer un vídeo sobre os fillos de Rosalía para YouTube. Empecei a gravar co teléfono móbil a Gala, a Aura, a Alejandra, a Ovidio e, de súpeto, ó facer un dos primeiros planos que tanto me gustan, reparei na ptose ou caída de pálpebra no retrato que se supoñía que era de Gala. Co corazón a cen por hora, só no meu cuarto, sentín moi emocionado que ésta era Rosalía, a miña amada Rosalía.
Autor: Ramón Torrado
Vía certo.posterpous.com/

5 comentarios:

  1. Parece que hai moitas dúbidas sobre esta fotografía . Segundo asegura a Real Academia Galega, trátase dunha fotografía da súa filla Gala.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ben, Helena Villar Janeiro, asegura que é Rosalía. Entón acollínme ao criterio de autoridade. Haberá que esperar...

      Eliminar
  2. belén o traballo de Rosalia hai que facelo para o venres?

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias ó I.E.S. O Mosteirón de Sada por publicar este enlace e un fragmento do meu artigo para o xornal dixital Certo. É moi difícil asegurar se a muller da foto é Rosalía, pero tal vez algún día se resolva o misterio.
    Por certo, sabedes que o pai do mítico Jerry García dos Grateful Dead era de Sada?
    Unha aperta e gracias de novo.

    Ramón Torrado, do Araño, Rianxo

    ResponderEliminar
  4. Grazas, Ramón polo teu comentario tan interesante. Ademais, en todo caso, aínda que fose Gala, non deixa de de ser unha descoberta interesantísima e inédita. Os meus parabéns por isto. Graciñas tamén pola nova que nos achegas.
    Saúdos.

    ResponderEliminar