21/3/12

Que é a toponimia?

Durante este mes estivo desenvolvéndose o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia organizado polo Instituto de Estudo Miñoranos en colaboración coa Universidade de Vigo e os concellos de Vigo, Ourense e Pontevedra.

        Neste vídeo o especialista en toponimia Gonzalo Navaza salientou o perigo de perder esta riqueza de Galicia ao renomear espazos, rúas ou pontes esquecendo os topónimos que en moitos casos os identificaron durante milenios. Unha advertencia que sen descoñecer a vitalidade da lingua e o xeito dinámico das sucesivas poboacións que van ocupando os lugares, a situou nunha estratexia política que á vella usanza intenta "expandir a Civilización" sobre o que considera unha "terra incógnita", sen nomes propios. E o que é peor, sobre todo no eido urbanístico, en moitos casos eses cambios de topónimos están motivados nun prexuízo anti-galego, disfrazado de anti-rural. 
Via Carta Xeométrica.

1 comentario:

  1. Que interesante é o tema da toponimia!
    Eu escoitei a Gonzalo Navaza falando deste tema e é un sabio... Por exemplo, dixo que coñecía absolutamente toda a toponimia da provincia de Ourense...

    ResponderEliminar