9/5/12

Novo recoñecemento para Édelingua

     Dúas curtametraxes producidas por Édelingua, Na oficina de obxectos perdidos e As mazás casamenteiras, foron seleccionadas para se proxectaren na I Mostra de Cine Xuvenil que se desenvolve ao abeiro do Festival Primavera do Cine en Vigo. O acto central da Mostra terá lugar o día 25 de maio no Auditorio do Centro Cívico de Teis, na cidade olívica.
      Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e en nome de toda a comunidade educativa do IES O Mosteirón queremos felicitar unha vez máis a todos os que fan posible que "Édelingua" siga adiante. Parabéns aos actores e actrices de ambas as dúas curtametraxes e moi especialmente ao seu director, Javier González Garrido.

4 comentarios:

  1. Que fantástico! Non paramos de recibir boas novas en relación con esta produtora.
    E... non vos presentaredes aos Goya ?!

    ResponderEliminar
  2. PARABÉNS...UN NOVO ÉXITO MERECIDISIMO

    ResponderEliminar
  3. ...e que máis vou dicir eu? Pois que me alegro moitísimo, que o tedes ben merecido e que un pracer tervos como "compañeiros"

    ResponderEliminar