26/5/12

PRESENTACIÓN DE ÉDELINGUA

     O vindeiro venres, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, presentaremos oficialmente Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón que xurdiu ao abeiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que a día de hoxe leva xa producidas unha ducia de curtametraxes e documentais.
     Aproveitaremos este acto para facer entrega do premio Édelingua 2012, instituído polo EDLG para recoñecer o labor do alumno ou alumna do centro que máis se teña significado na defensa e difusión da lingua galega.
     Faremos un breve percorrido polas curtametraxes máis representativas de Édelingua e estrearemos a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez, protagonizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC, e o documental A Filla da Ría de Prata
     Contaremos coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada. 
     Esperámosvos. Sen a vosa presenza o acto non terá sentido.


PROGRAMACIÓN
-20:00 Benvida.
-Entrega do premio  Édelingua 2012,  outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O 
Mosteirón ao alumno/a que máis se teña significado na  defensa e promoción da lingua galega.
- Presentación de Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón.
- Curtametraxe: Eu falo galego porque… (3’)
- Curtametraxe: Na oficina de obxectos perdidos. (6’)
- Curtametraxe: As mazás casamenteiras. (8’ 50’’)
- Curtametraxe: Galego, todo o que buscas. (4’ 35’’)
- Estrea da curtametraxe: O drama do cabalo de xadrez (14’)
- Estrea do documental: A Filla da Ría de Prata (13’ 30’’)
- 21: 20 Entrega de guía, DVD e folletos turísticos.

1 comentario: