29/1/12

UN TEXTO POLA PAZ.

Botamos man dun texto de Celso Emilio Ferreiro, para commemorar desde este blog pacifista, o día en contra da violencia e a favor da paz.

UNHA VEZ

Unha vez houbo un home
que nunca dixo, meu.
Petou nas portas do mundo,
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas.
Un bálsamo de amor
tiña aquil home
pra ista miña dor
sin nome.

4 comentarios:

  1. A Paz ten que estar nas nosas mans, firmes e abertas para axudar.

    ResponderEliminar
  2. É ben certo compañeira .

    ResponderEliminar
  3. Que bonito, Belén!

    ResponderEliminar
  4. Tamara Paredes30/1/12, 23:57

    Gústame, gústame moito. Non o coñecía !!

    ResponderEliminar