27/1/12
Adeus ao mestre dos gaiteiros
O patriarca da familia Seivane, Xosé Manuel Seivane Rivas, faleceu hoxe aos 90 anos, segundo informaron os seus fillos.
Nacido en Fonmiñá-A Pastoriza en 1921, foi o creador do selo Seivane e o iniciador dunha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita.
A gaita é un instrumento fundamental da nosa música, e está presente en Festivais tan importantes coma no Festival Celta de Ortigueira ou no Festival de Lorient. E por isto querémoslle render unha homenaxe a don Xosé Manuel oíndo as súas palabras e escoitando a súa neta, Susana Seivane.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Dá mágoa ...pero deixa boa semente cunha neta continuadora da tradición gaiteira.
ResponderEliminarÉ unha gran satisfacción deixar semente e que alguén contínúe con algo ao que lle tes amor...sobre todo se por riba estás falando da semente dunha cultura e unha lingua
ResponderEliminarunha gran perda para a musica Galega
ResponderEliminarEspero que a profesionalidade nestes oficios que van quedando non se chegue a perder como xa lles sucedeu a outros..
ResponderEliminar