Caderno de bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón, de Sada, para compartir inquedanzas, experiencias, reflexións e materiais sobre calquera aspecto relacionado coa lingua galega.
Hoxe morreu Isaac Díaz Pardo, aos 91 anos de idade . O pasamento deste persoeiro deixa un grande baleiro en Galicia e por suposto en Sada , onde tanto fixo coa súa actividade industrial e cultural. Con el remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e a evolución do país ao longo dos últimos cen anos. É sen dúbida un día de loito.
Podedes ver o trailer do documental titulado ISAAC, de Xosé Abad, que conta o pensamento e os sentimento de Isaac Díaz Pardo e sobre boa parte dos acontecementos e da vida que lle tocou vivir.
TRAILER DE ISAAC, O DOCUMENTAL DE XOSÉ ABAD, SOBRE A FIGURA DO FINADO
Sen dúbida, un día negro para todos nós. Desaparece un símbolo, unha figura fundamental para a nosa Historia. É un triste comezo de ano...
ResponderEliminarIsaac, comezaches xa o longo camiño dos bos e xenerosos. Irmán, cánto temos que aprender da tú inxente labor e da túa enorme humanidade.
ResponderEliminarUn gran home pero mellor persoa.
ResponderEliminarUn grande home, unha gran perda para Galicia
ResponderEliminarDEP Isaac
Isaac, era un bo tipo e estuvo nos anos 80 no Mosteirón dando unha charla sobre a súa vida e contando anedotas.
ResponderEliminarDEP Isaac
Morreu un home que deixou unha pegada en Galicia e será lembrado por todos.
ResponderEliminar