Temos a satisfacción de vos presentar a montaxe audiovisual A Filla da Ría de Prata , un proxecto dos alumnos e alumnas de 4º de PDC do noso instituto que nos ofrece un percorrido por Sada dende 1900 aos nosos días.
É unha pequena mostra do proxecto máis amplo que están a realizar e que inclúe unha guía do concello de Sada, folletos turísticos e un documental. O proxecto completo presentarase publicamente no mes de maio. Manterémosvos informados.
Queremos agradecer unha vez máis o traballo de todas aquelas persoas que ao compartir as súas fotografías e informacións sobre Sada fixeron posible esta montaxe.
Dedicámoslle con toda humildade o noso proxecto á figura inmensa de Isaac Díaz Pardo. Sempre connosco!
http://www.youtube.com/watch?v=4hrrtMmLFYc&feature=youtu.be
Parabéns por este traballo!
ResponderEliminarUn audiovisual moi bo no que se recrean imaxes da vila de Sada na antigüidade e na actualidade. Noraboa a Xosé e aos alumnos de 4º PDC.
ResponderEliminarMoi ben!!!
ResponderEliminar