15/3/12

A banda deseñada chora a Moebius


Homenaxe a Moebius de Santy Gutiérrez

A REDE RECOLLE HOMENAXES DOS NOSOS CREADORES DE BANDA DESEÑADA AO XENIO RECENTEMENTE FALECIDO
Os debuxantes galegos lembran a Moebius
MOEBIUS
Moebius feito en Galicia
O falecemento de Jean Giroud Moebius figura indiscutible da banda deseñada a nivel mundial, está a ecoar, com non, entre os creadores galegos. Deste xeito, son xa varios os autores, como Santy Gutiérrez, José Domingo e Kike Benlloch ou Miguel Porto, que contribuíron cos seus particulares homenaxes na forma de debuxos a través do web Luggage for the long journey of Moebius. O espazo foi promovido polo muradán Akeno Omokoto, e recolle contribucións deste tipo de todo o mundo. Canda a eles, o web Zona Negativa recolle as lembranzas de como entraron en contacto co falecido autores como Emma Ríos, Tirso Cons, Roque Romero ou o propio Akeno, entre outros. Inside Moebius é a obra máis persoal do grande xenio francés. Nela, Moebius  ofrécenos a viaxe interior que realiza cando decide abandonar a marihuana. Ao través dos seus diferentes álter egos e os seus personaxes máis queridos, Blueberry, Arzak, el Mayor Fatal... Jean Giraud Moebius  libérase de calquera atadura que puido ter tido e convídanos a mergullarnos no seu rico e particular universo creativo
Para lle render unha homenaxe a Moebius, e a proposta dalgúns alumnos afeccionados á banda deseñada, faremos algunha actividade na aula que daremos a coñecer cando estea realizada.
Ilustración de Miguel Porto en homenaxe a Moebius. 


3 comentarios:

  1. Estamos á espera desas actividades que seguro
    terán interese. Por certo , Santi Gutiérrez, un dos debuxantes que homenaxean a Moebius, estivo hai dous anos no noso centro impartindo un obradoiro de cómic de grande proveito . Lembrádelo?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro, foi unha actividade moi interesante!

      Eliminar
  2. Un dos mellores dibuxantes de comic, e cunha imaxinacion desbordante.

    ResponderEliminar