Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz.. Mostrar todas las entradas

30/6/12

Agustín Fernández Paz: Homenaxe e Premio

A Agustín Fernández Paz gústalle reiterar, utilizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por acadar un status social digno para a literatura infantil e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963: «O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños.»
Non albiscamos a mellor palabra para definir a este enorme escritor e excelente persoa, que expón o seu propio discurso basado no pensamento de Cunqueiro. Parabéns, Agustín, xa estás entre os grandes da literatura, e iso non é pouco. Os que lemos as túas obras, nos recreamos nelas, de tal xeito, que xa non somos quen de fuxir do verbo preciso e da historia ben narrada. Grazas por mergullarnos nese mundo de soños irrepetibles ao longo de tantos anos. Seguiremos a túa senda con paixón e con orgullo coma ata agora. Estaremos moi atentos ás historias que saian do prelo.

PROPOSTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA 
O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acordou onte por unanimidade propor o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa por esta institución. A proposta deberá aínda ser aprobada polo Consello de Goberno da Universidade para ser efectiva. Este recoñecemento coincide coa convocatoria dunha homenaxe nacional ao escritor que promoveu a plataforma ProLingua e que se desenvolverá en Vigo o vindeiro día 30. A inscrición ao encontro está aberta.
 

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz, Premio AELG ao mellor libro infantil e xuvenil

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor. Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade. Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».

15/6/12

Recoñecemento a un excelente escritor

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 
      O acto, que se celebrará na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia  de Vigo e  irá seguido dun xantar, está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros.Os promotores salientan que a homenaxe quere ser un "acto de afecto á persoa" e tamén de "recoñecemento ao traballo que realiza Agustín". Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos. A Agustín Fernández Paz gústalle reiterar, utilizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por acadar un status social digno para a literatura infantil e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963: “O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños.”