Mostrando entradas con la etiqueta LIBROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIBROS. Mostrar todas las entradas

9/6/12

VISITA AO CENTRO DE ABRAHAM CARREIRO



O pasado xoves, 7 de maio, tivemos a sorte de contar no noso centro con Abraham Carreiro,autor de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata . A actividade foi organizada polo departamento de Lingua galega e literatura , que incluíu na súa programación a lectura do seu libro neste trimestre, e que resultou ter un grande éxito entre o alumnado. Abraham presentou os seus piratas cibernéticos  mentres facía debuxos dos personaxes do libro. Os rapaces permaneceron  interesados e atentos  e formularon moitísimas preguntas ao final da súa charla. Incluso, Xosé Píriz de 1º de ESO, tivo tempo de facerlle unha caricatura coa que o agasallou  ao remate . Poñémola  aquí para que vexades o grande potencial deste rapaz que case lle fai a competencia a Abraham. Aos que desfrutastes con esta lectura, deixámosvos o enlace á páxina oficial do libro e anunciámosvos a aparición próxima da segunda parte (" Xoeliki 2, novas aventuras" )


2/4/12

Día do Libro Infantil

No Día do Libro Infantil, anímovos a que vos pasedes polas bibliotecas e collades un dos moitos tesouros que hai nos seus andeis. Quizais estean esperando por vós para tomar vida. Seguro que volo agradecerán. Como dicía Borges, "Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de Biblioteca".

26/1/12

Ata que o saibas

Alumnos de 3º de ESO(PDC) manifestaron moitas opinións sobre o libro que leron e que tivo tan boa aceptación entre eles.Decidiron publicar as que aquí figuran. P1050266

18/1/12

Fusión entre as artes

 A caza do ghazafello
Aí tedes un libro-audio ben interesante, no que as aventuras que nel ocorren non deixarán de sorprendervos. A maxia e a fantasía son elementos recurrentes: trasnos, Estadeas, e outros personaxes circulan por unha Fraga chea de maxia. 
Mais Lois, un neno, acompañado do seu can, Palleiro, serán quen de cazar un ghazafello? Lembrade que a música que acompaña ao libro é importantísima.

13/1/12

LIBROS LIBRES

Van aquí algunhas lecturas entretidas e interesantes. Escollede e desfrutade.


27/12/11

"Animais" de Séchu Sende

Portada do libro.

 "[...]
A palavra Liberdade
está da nossa parte
e dará-che instruçons precisas
quando o necessitares.
Sorte!/Estamos contigo.
Deves saber que há muita gente com a mesma missiom:
Justiça, Independência, Liberdade.
Quando acabes de ler o último verso,
este poema auto-destruirá-se em dez segundos:
e converterá-se num poema/dentro dum desses livros de poesia
que nom lê ninguém."


Velaquí vai un vídeo do que quizais non saibades do noso tan estimado Sechu Sende, no que se amosa o seu interese pola presenza das banheiras brancas nos prados. Isto está vencellado co seu libro Animais. Deste xeito aproveitamos desde o Equipo de Dinamización para recomendarvos este fermoso volume con exquisitas ilustracións, que pode servir coma excelente agasallo para este Nadal.

Vía Made in Galiza.