Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas

24/6/12

LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño será o autor homenaxeado 

      A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Compostela,1950-2002).
  O dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Ademais de con Antroido, tamén traballou co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa compañía propia, Teatro do aquí.
Vidal Bolaño foi actor, director e escritor de teatro, mais, en xeral, tamén un axitador cultural. Entre as súas obras teatrais escritas pódense sinalar, entre outras, Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003), moitas delas, ademais de escritas, tamén dirixidas por el mesmo ou levadas aos escenarios por diversas compañías.

Declaracións de Vidal Bolaño:
[...Malia o recoñecemento do que son obxecto os nosos autores dentro da literatura dramática peninsular deste século, seguen a ser uns descoñecidos entre nós. Fóra dos libros do Centro Dramático Galego e da colección Teatro nas Aulas da ASPG, non existe ningunha editorial que manteña compromiso ningún co teatro. O ensino, de tanta importancia dinamizadora en canto á lectura e á existencia mesma doutros xéneros e ó coñecemento da obra dos nosos escritores, ignora case absolutamente o teatro en canto feito literario, e só tanxencialmente se achega a el en canto feito escénico. Non existen axudas á creación, nin estímulos para que cheguen ós escenarios con regularidade as obras dos nosos autores vivos. A mesma realidade que permite que sobrevivan con máis ou menos dignidade arredor de douscentos profesionais da interpretación, da dirección, da escenografía ou de oficios auxiliares como eléctricos, técnicos de escena, de son, etc., non permite que un só autor viva do seu traballo como tal, malia que estree con relativa frecuencia e exitosamente...] En Perspectivas do teatro galego actual,  Editorial eDixital,2002, A Coruña.

24/5/12

TI ES DOS MEUS

Baixo o nome de AGASALLO SINCRONIZADO PARA O MUNDO o seguinte tema foi feito para compartir no día das Letras galegas. Existen numerosas versións que podedes escoitar, interpretadas por diferentes persoas . Esta é unha das que máis me gustaron a min ,pero hai outras tamén moi chulas . Aínda que o día das letras xa pasou, a mensaxe segue chea de forza.


Pódense ver moitas máis versións  AQUÍ

17/5/12

VÍDEO PARA AS LETRAS GALEGAS

Curta en vídeo realizada por alumnas de 6º C do CEIP Rosalía de Castro para o concurso "Receitas para a lingua" convocado co gallo das Letras Galegas 2012, adicadas a Valentín Paz Andrade.

1/5/12

MAIO DAS NOSAS LETRAS.

Hoxe comeza o mes das letras galegas e desde este espazo, co obxectivo de divulgar a obra dos nosos artistas , temos o propósito de ir engadindo cada un dos días de maio , unha pequena referencia a algún  escritor ou escritora das nosas letras. 

1 de maio: 
2 de maio: 
3 de maio:
4 de maio:


5 de maio:
6 de maio:


7 de maio:

8 de maio:


Bloggif montaje
9 de maio:



10 de maio:


11 de maio


Photobucket


12 de maio:
13 de maio:
14 de maio:


15 de maio:
16 de maio:  

17 de maio:
18 de maio:

19 de maio:

20 de maio :  


21 de maio
22 de maio:


23 de maio: 


24 de maio:


25  de maio:
26 de maio:




27 de maio:

28 de maio:


29 de maio:

30 de maio:

31 de maio:

2/4/12

Día do Libro Infantil

No Día do Libro Infantil, anímovos a que vos pasedes polas bibliotecas e collades un dos moitos tesouros que hai nos seus andeis. Quizais estean esperando por vós para tomar vida. Seguro que volo agradecerán. Como dicía Borges, "Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de Biblioteca".

18/3/12

O amor a Moraima (Día da Poesía 2012)





Neste ano Celso Emilio, lembrámonos del tamén para celebrar o 21 de marzo, Día da Poesía, e facémolo cunha das súas máis coñecidas composicións.
Non deixa de ser curioso, que sendo Celso Emilio Ferreiro o máximo representante do que foi a poesía social e reivindicativa do século XX en Galicia, un dos seus textos máis coñecidos sexa precisamente o poema de amor Moraima que lle dedicou á súa dona. Ollade que fermosura de versos:



Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, xaneiro 1972



Celso Emilio e Moraima paseando.
A raíz deste texto poético o nome de Moraima converteuse nunha icona do amor puro e eterno que foi musicado en numerosas ocasións. 
Para que vexades o que o texto deu de si no ámbito musical, tedes aquí o poema musicado de dúas formas diferentes, unha por Suso Bahamonde e a outra por Manuela e Miguel.
A continuación déixovos tamén un vídeo dunha versión realizada por Milladoiro coa colaboración da cantante Ana Belén. 
Comparade e xa diredes cal vos gusta máis.

As fotografías desta entrada proceden da páxina web da Fundación Celso Emilio Ferreiro onde podedes atopar moitísima información sobre o autor.

8/3/12

Cine de mulleres

Mufest consolídase como 1 dos 3 festivais de cine de muller no Estado.  
O MUFEST é un festival audiovisual que promove o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras directoras, produtoras e guionistas, onde teñen cabida curtametraxes de animación, de ficción e documentais. Apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas, tanto sociais como culturais, fomentando a diversidade e a visibilidade. "En relación ó público do Mufest , nunca pensamos en que fose distinto a outro tipo de festivais. A única diferenza é que só exhibimos e premiamos filmes dirixidos, producidos e/ou guionizados por mulleres. O que se pretende é visibilizar , apoiar e promocionar o traballo das mulleres neste eido. Mais, sobra dicir que disto tamén lle poden sacar rendemento os homes. Un filme inscrito no Mufest pode estar dirixido por unha muller pero, por exemplo, producido por un home. Este produtor tamén se beneficia, pois dase a coñecer o seu traballo". Por Rosabel Candal.Vía Dioivo

2/3/12

ROSALÍA SEMPRE

Como xa sabedes, aproxímase a data da realización do noso roteiro rosaliano.No centro xa hai varios murais sobre a escritora e está sendo obxecto de estudo nas aulas de 3º de ESO e 1º de Bacharelato. Como complemento do traballado e como anticipo do roteiro, queda este glog para que poidades ver información básica sobre Rosalía.

22/2/12

175 Anos de Rosalía na nosa literatura

Imaxe de aquí.





 
Rosalía na nosa literatura
Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.



Día de Rosalía




A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.
A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
No seguinte blog pódense consultar   todas as iniciativas, actos e celebracións que terán lugar ese día.

29/1/12

UN TEXTO POLA PAZ.

Botamos man dun texto de Celso Emilio Ferreiro, para commemorar desde este blog pacifista, o día en contra da violencia e a favor da paz.

UNHA VEZ

Unha vez houbo un home
que nunca dixo, meu.
Petou nas portas do mundo,
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas.
Un bálsamo de amor
tiña aquil home
pra ista miña dor
sin nome.

10/12/11

Día dos Dereitos Humanos

No Día dos dereitos humanos, fagamos unha reflexión sobre a violación destes. E por centrármonos nun caso concreto, digamos que África morre de sede e de fame. Máis de 12 millóns de persoas no Corno de África incluíndo Etiopia, Eritrea, Somalia e Kenia están a sufrir a peor sequía en 60 anos. O risco de mortalidade disparouse considerablemente. Ata cando imos contribuír a crear a pobreza e a miseria? Ou tería razón o personaxe dunha sonada novela cando dicía: "Se non houber pobres, con quen íamos exercer a caridade?
Basta xa de hipocresía, o papel pode con todo, ou iso din, mais a praxe é o que importa e neste mundo globalizado semella que a venda nos ollos é o recurso máis doado para non ver o ser humano que hai en nós. Se aínda fica algo, claro está.

 <iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/kqiUMh4YozA" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>


3/12/11



Este vídeo foi feito por María Fernanda Guevara González, alumna de 3º de ESO, dentro das actividades de aula dedicadas a conmemorar O Día Universal dos Dereitos do Neno. Pretende con isto que todos tomemos conciencia dos graves problemas que atinxen ás "crianças".

21/11/11

Día Universal dos Dereitos do neno

Nesta data sinalada do 20 de novembro manifestamos o noso rexeitamento ante a violación reiterada dos Dereitos dos neno, ante unha inxustiza manifesta de bágoas contidas.
E eu que digo?
Digo NON á fame sostida. Digo NON á palabra deturpada. Digo NON á palabra prostituída. Digo non á escravitude consentida. Digo NON á violencia reiterada.