Mostrando entradas con la etiqueta ESCRITORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESCRITORES. Mostrar todas las entradas

30/6/12

Agustín Fernández Paz: Homenaxe e Premio

A Agustín Fernández Paz gústalle reiterar, utilizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por acadar un status social digno para a literatura infantil e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963: «O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños.»
Non albiscamos a mellor palabra para definir a este enorme escritor e excelente persoa, que expón o seu propio discurso basado no pensamento de Cunqueiro. Parabéns, Agustín, xa estás entre os grandes da literatura, e iso non é pouco. Os que lemos as túas obras, nos recreamos nelas, de tal xeito, que xa non somos quen de fuxir do verbo preciso e da historia ben narrada. Grazas por mergullarnos nese mundo de soños irrepetibles ao longo de tantos anos. Seguiremos a túa senda con paixón e con orgullo coma ata agora. Estaremos moi atentos ás historias que saian do prelo.

PROPOSTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA 
O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acordou onte por unanimidade propor o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa por esta institución. A proposta deberá aínda ser aprobada polo Consello de Goberno da Universidade para ser efectiva. Este recoñecemento coincide coa convocatoria dunha homenaxe nacional ao escritor que promoveu a plataforma ProLingua e que se desenvolverá en Vigo o vindeiro día 30. A inscrición ao encontro está aberta.
 

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz, Premio AELG ao mellor libro infantil e xuvenil

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor. Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade. Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».

15/6/12

Recoñecemento a un excelente escritor

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 
      O acto, que se celebrará na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia  de Vigo e  irá seguido dun xantar, está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros.Os promotores salientan que a homenaxe quere ser un "acto de afecto á persoa" e tamén de "recoñecemento ao traballo que realiza Agustín". Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos. A Agustín Fernández Paz gústalle reiterar, utilizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por acadar un status social digno para a literatura infantil e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963: “O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños.”

9/6/12

VISITA AO CENTRO DE ABRAHAM CARREIRO



O pasado xoves, 7 de maio, tivemos a sorte de contar no noso centro con Abraham Carreiro,autor de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata . A actividade foi organizada polo departamento de Lingua galega e literatura , que incluíu na súa programación a lectura do seu libro neste trimestre, e que resultou ter un grande éxito entre o alumnado. Abraham presentou os seus piratas cibernéticos  mentres facía debuxos dos personaxes do libro. Os rapaces permaneceron  interesados e atentos  e formularon moitísimas preguntas ao final da súa charla. Incluso, Xosé Píriz de 1º de ESO, tivo tempo de facerlle unha caricatura coa que o agasallou  ao remate . Poñémola  aquí para que vexades o grande potencial deste rapaz que case lle fai a competencia a Abraham. Aos que desfrutastes con esta lectura, deixámosvos o enlace á páxina oficial do libro e anunciámosvos a aparición próxima da segunda parte (" Xoeliki 2, novas aventuras" )


16/5/12

O teatro galego en primeira liña

OS DOUS ÚLTIMOS PREMIOS DO TEATRO GALEGO

Nos últimos días asistimos á entrega de dous premios importantes para o teatro galego. Por unha banda, Max ao mellor texto en lingua galega para Avelino González, María Ordóñez, Sechu Sende e Artur Trillo por Pelos na lingua (que competía xunto con Santiago Cortegoso, por 0’7% Molotov e Roberto Salgueiro por Memoria de Helena e María); pola outra, o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega foille outorgado a Raúl Dans por Chegamos despois a unha terra gris (que neste caso disputaba o recoñecemento con A función do Tequila de Manuel Guede e mais co texto de Inácio Vilariño, Fábula Galénica).
Pelos na lingua, cuxo texto xa levara a xerra dos María Casares, é a segunda parte de Bicos con lingua, unhas das producións galegas que máis representacións acadaron nos últimos tempos. O proxecto é o mesmo: Talía encárgalle a unha serie de autoras que reflexionen sobre o tema da normalización lingüística por medio dunha escena dramática. Despois, a compañía escolle de entre todas as achegas aquelas que máis lle convencen, ou as que poden ser máis aptas para elas teatralizaren. A estética do espectáculo e tamén moi semellante. Cuns poucos elementos polifacéticos (mesa, cadeiras, paneis) que van compoñendo os diferentes espazos, Trillo, Casais e Ordóñez van metendo a diferentes personaxes-tipo en situacións que ofrecen unha mirada diferente respecto aos tópicos que aínda coutan a normalización da lingua galega. O espectáculo, coma o anterior, mantén en todo momento unha grande frescura e comicidade non exenta de retranca grazas a unha dirección na Avelino González optou pola axilidade e ás notables interpretacións do elenco, aos que sen dúbida lles axuda ese tan bo galego oral que posúen e que tan pouco abunda nas nosas táboas.
 Cons estes dous espectáculos, Talía reafírmase como unha compoñía comprometida. Comprometida coa lingua galega e a súa defensa, e comprometida, asemade, co importante labor que o teatro ten feito historicamente a favor da normalización da lingua galega. O Premio Max contradí así todo un clima de oposición á expansión dos usos do galego, e serve de argumento en contra dos que se fan chamar vítimas da normalización (Galicia Bilingüe e simpatizantes varios). Non é este o lugar para nos enlear en debates deste tipo, mais si a tribuna desde a que declararmos que o Max de Talía demostra, unha vez máis, que a arte, que o teatro, tamén pode (e debe) ter unha dimensión política.
O dramaturgi Raúl DansDe por banda, o premio da AELG ao mellor texto dramático a Chegamos despois a unha terra gris, texto de Dans vencedor do Cunqueiro no 2010, confirma a un dramaturgo experimentado nas estruturas clásicas do estilo realista, que paseniño vai afondando no seu proxecto dramático de poetización austera dos conflitos do cotiá contemporáneo. Despois daquela escapada evasiva que foi Nachtmar, se cadra o texto máis autobiográfico e libre do autor, con este novo drama Dans convértese nun referente do teatro das persoas. A súa experiencia como guionista televisivo foi modelando unha escrita capaz de crear personaxes cada vez máis verídicos. En Chegamos despois a unha terra gris, onde a familia se presenta como campo de batalla, onde a mentira e as dependencias se elevan a grandes temáticas, chama a atención a veracidade dos conflitos, a carnalidade dos diálogos e a proximidade das palabras ditas polos personaxes teatrais con aqueloutras que as persoas nos dicimos no mundo real. De fondo, unha trama totalmente humana engádelle á obra unha forza emotiva digna só dalgúns poucos escollidos. Un Dans que se supera a si mesmo e que inicia unha etapa de madurez creativa na que (agardamos que así aconteza) aínda pode estar por chegar o mellor da súa obra.
Roi V. Ponte
V ía http://praza.com/

Xogos de lingua

Vía Aprofa

14/5/12

Un bo poemario

 PARA REMEXER CONCIENCIAS
Con coherencia e credibilidade.
HÉITOR MERA
Efectivamente, talmente como galerna ou como un trebón desbocado,así aparece diante de nós este novo poemario da man de X.M.Álvarez Cáccamo, para remexer as conciencias,para abrir os ollos apaticamente pechados e para sermos conscientes,aínda que sexa cunha boa morrada, e percibirmos, xa que logo, a realidade cun algo máis de crítica persoal e social. Mais non pense o lector desta recensións que A boca da galerna unicamente configura un poemario social ao uso.Xoga coas contraposicións da acción e da omisión. Reproduce ou evoca o que non podemos permitir e como debemos solucionalo. Por iso, a mensaxe, o expresado, intuído e versificado no poemario de Cáccamo é a confirmación dun sentir alicerzado no persoal pola coherencia e credibilidade dunha traxectoria e no poético pola solidez dunha obra poética enriquecida con este libro. Sempre saudamos con pracer a chegada de poemarios de calidade nestas páxinas e, neste caso, como non podía ser doutro xeito, recomendámolo a todos os lectores. ÁLVAREZ CÁCCAMO,X.Mª,
A boca da galerna/La boca de galerna, Ed.Espiral Maior, A Coruña,2012,
Vía http://www.farodevigo.es/

3/5/12

Libro interactivo sobre Paz- Andrade

Deixamos hoxe este libro interactivo elaborado no CEIP  Conde Fenosa. É un traballo con moito aproveitamento alén de ser entretido xa que inclúe varias actividades lúdicas arredor da figura de Valentín Paz Andrade. Grazas aos creadores por compartir o seu traballo.


-

1/5/12

MAIO DAS NOSAS LETRAS.

Hoxe comeza o mes das letras galegas e desde este espazo, co obxectivo de divulgar a obra dos nosos artistas , temos o propósito de ir engadindo cada un dos días de maio , unha pequena referencia a algún  escritor ou escritora das nosas letras. 

1 de maio: 
2 de maio: 
3 de maio:
4 de maio:


5 de maio:
6 de maio:


7 de maio:

8 de maio:


Bloggif montaje
9 de maio:



10 de maio:


11 de maio


Photobucket


12 de maio:
13 de maio:
14 de maio:


15 de maio:
16 de maio:  

17 de maio:
18 de maio:

19 de maio:

20 de maio :  


21 de maio
22 de maio:


23 de maio: 


24 de maio:


25  de maio:
26 de maio:




27 de maio:

28 de maio:


29 de maio:

30 de maio:

31 de maio:

26/4/12

EXPOSICIÓN NO INSTITUTO SOBRE PAZ-ANDRADE

             O Instituto O Mosteirón de Sada  foi un dos escollidos para ubicar unha exposición itinerante que nas vindeiras semanas percorrerá distintos centros de toda Galicia. A mostra , que estará no centro desde o 4 ao 11 de maio, pretende achegar á mocidade a figura de Valentín Paz Andrade, escritor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
          Esta exposición componse de cinco paneis con pantallas integradas e unha videoproxección de gran formato que permiten un achegamento á súa produción literaria, ao seu compromiso político, á súa tarefa empresarial e á súa obra ensaística e xornalística.Asemade tamén contaremos con diversos materiais didácticos para que toda a comunidade educativa faga uso dos mesmos. 
Un propósito de Édelingua é propiciar que os centros da zona teñan a oportunidade de visitar esta exposición de grande aproveitamento didáctico, polo que todos serán convidados a asistir ao noso instituto. 

7/4/12

VÍDEOS SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE



EXPOSICIÓN VALENTÍN  PAZ-ANDRADE . XUNTA DE GALICIA 1012.                  

EXPOSICIÓN VALENTÍN  PAZ-ANDRADE . XUNTA DE GALICIA 1012.

EXPOSICIÓN VALENTÍN  PAZ-ANDRADE . XUNTA DE GALICIA 1012.

EXPOSICIÓN VALENTÍN  PAZ-ANDRADE . XUNTA DE GALICIA 1012.

POR X.L. MÉNDEZ FERRÍN . PRESIDENTE DA RAG


PRESENTACIÓN DO LIBRO DE TUCHO CALVO


EMITIDO NA TVG NO PROGRAMA “GALEGOS DE HONRA” EN 2002
O programa está realizado con imaxes do arquivo de TVG en que Paz Andrade, de viva voz, evoca as influencias que recibiu na súa mocidade do intelectual galeguista Alfonso Rodríguez Castelao, e tamén de seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade.

Imaxes, rodadas en vídeo, que pertencen ao documental realizado por Eligio González por encargo do Centro Galego.



Tras o seu pasamento  o 19 de abril de 1987,  TVG emite un programa especial .
TELEXORNAL  ELABORADO  POLO ALUMNADO DO CPI DOS DICES DE ROIS
REPASA A VIDA E A OBRA DE V.PAZ-ANDRADE

18/3/12

O amor a Moraima (Día da Poesía 2012)





Neste ano Celso Emilio, lembrámonos del tamén para celebrar o 21 de marzo, Día da Poesía, e facémolo cunha das súas máis coñecidas composicións.
Non deixa de ser curioso, que sendo Celso Emilio Ferreiro o máximo representante do que foi a poesía social e reivindicativa do século XX en Galicia, un dos seus textos máis coñecidos sexa precisamente o poema de amor Moraima que lle dedicou á súa dona. Ollade que fermosura de versos:



Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, xaneiro 1972



Celso Emilio e Moraima paseando.
A raíz deste texto poético o nome de Moraima converteuse nunha icona do amor puro e eterno que foi musicado en numerosas ocasións. 
Para que vexades o que o texto deu de si no ámbito musical, tedes aquí o poema musicado de dúas formas diferentes, unha por Suso Bahamonde e a outra por Manuela e Miguel.
A continuación déixovos tamén un vídeo dunha versión realizada por Milladoiro coa colaboración da cantante Ana Belén. 
Comparade e xa diredes cal vos gusta máis.

As fotografías desta entrada proceden da páxina web da Fundación Celso Emilio Ferreiro onde podedes atopar moitísima información sobre o autor.

15/3/12

A banda deseñada chora a Moebius


Homenaxe a Moebius de Santy Gutiérrez

A REDE RECOLLE HOMENAXES DOS NOSOS CREADORES DE BANDA DESEÑADA AO XENIO RECENTEMENTE FALECIDO
Os debuxantes galegos lembran a Moebius
MOEBIUS
Moebius feito en Galicia
O falecemento de Jean Giroud Moebius figura indiscutible da banda deseñada a nivel mundial, está a ecoar, com non, entre os creadores galegos. Deste xeito, son xa varios os autores, como Santy Gutiérrez, José Domingo e Kike Benlloch ou Miguel Porto, que contribuíron cos seus particulares homenaxes na forma de debuxos a través do web Luggage for the long journey of Moebius. O espazo foi promovido polo muradán Akeno Omokoto, e recolle contribucións deste tipo de todo o mundo. Canda a eles, o web Zona Negativa recolle as lembranzas de como entraron en contacto co falecido autores como Emma Ríos, Tirso Cons, Roque Romero ou o propio Akeno, entre outros. Inside Moebius é a obra máis persoal do grande xenio francés. Nela, Moebius  ofrécenos a viaxe interior que realiza cando decide abandonar a marihuana. Ao través dos seus diferentes álter egos e os seus personaxes máis queridos, Blueberry, Arzak, el Mayor Fatal... Jean Giraud Moebius  libérase de calquera atadura que puido ter tido e convídanos a mergullarnos no seu rico e particular universo creativo
Para lle render unha homenaxe a Moebius, e a proposta dalgúns alumnos afeccionados á banda deseñada, faremos algunha actividade na aula que daremos a coñecer cando estea realizada.
Ilustración de Miguel Porto en homenaxe a Moebius.