Mostrando entradas con la etiqueta VíDEOS SOBRE O GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VíDEOS SOBRE O GALEGO. Mostrar todas las entradas

19/5/12

Galego os 365 días do ano.

Spot publicitario feito   polo IES Val do Asma e a biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada para  promocionar o uso do galego.


.

17/4/12

O amor polo idioma

Este traballo foi feito xa hai algún tempo  no IES As Barxas de Moaña. Sobre un texto de Víctor Freixanes dúas rapazas de 1º da ESO, Uxía e Lucía, relátannos en que consiste o amor polo galego co tema Inda do grupo asturiano Xera de fondo. É ben bonito non credes?

8/4/12

GALEGO, TODO O QUE BUSCAS

Última produción de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón.



No galego podes atopar todo o que buscas.



25/2/12

AS MAZÁS CASAMENTEIRAS

O venres 24 de febreiro, no 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, estreamos en Espazo Cinema As mazás casamenteiras, última produción cinematográfica de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada.
A curtametraxe está baseada novamente nun texto de Séchu Sende. Está protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que a casualidade e o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".

20/12/11

Se cambias de lingua...

Neste vídeo , Sechu Sende , o autor de Made in Galiza ,explica como se pasou ao galego. É moi interesante, non o perdades.

6/11/11

A LINGUA SABE A PAN

Non perdades este lipdub do CPI Virxe da Saleta . É unha delicia.
 Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

1/11/11

VIDEOMATÓN DA LINGUA

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación presentou o mércores 5 de outubro na Aula 1 o "Videomatón da lingua", unha peza audiovisual breve realizada por alumnos e alumnas do centro na que distintos membros da comunidade universitaria falan da súa relación coa lingua galega. Seguro que te sentirás identificado/a con algún dos entrevistados.