8/4/12

GALEGO, TODO O QUE BUSCAS

Última produción de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón.



No galego podes atopar todo o que buscas.



5 comentarios:

  1. Grazas de novo polo voso traballo. Non cae en baleiro, podedes estar seguros .
    Facer estas producións de xeito continuado ten moitísimo valor e sabemos o esforzo que implican.
    EU BUSCO... que vos convirtades nun modelo de traballo para todo o centro,QUE TODOS BUSQUEMOS O MELLOR PARA O GALEGO e que alguén vos premie polo bonito labor que facedes.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti, Belén, e a todos os que estades día a día na aventura máxica do galego. O mellor premio sería que por cada produción realizada, un alumno, ou unha alumna, unha persoa fixera o esforzo de falar en galego unha hora ao día. Quen está detrás de Édelingua é todo un Equipo de Dinamización Lingüística. Édelingua é unha produtora de audiovisuais, un blog, un programa de inmersión, unha actitude cotiá... Todos formamos parte.

    ResponderEliminar
  3. Deixádesme sen palabras! Canta implicación do alumnado e esforzo por parte do equipo... por non falar de Javier...
    Sodes uns cracks!!!

    ResponderEliminar
  4. Quedou moi ben,que traballo tan magnífico!

    ResponderEliminar
  5. Eu busco máis implicación por parte de certos profesores do centro que só traballan de cara á galería...

    Eu busco un blog de normalización que non sexa case exclusivamente para lucimento do profesorado

    Eu busco máis implicación e que non se use a NOSA lingua só para figurar. ALGUÉN CRE QUE A NENA DO VÍDEO FALA EN GALEGO???

    UN PAI DECEPCIONADO

    ResponderEliminar