22/2/12

Día de Rosalía




A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.
A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
No seguinte blog pódense consultar   todas as iniciativas, actos e celebracións que terán lugar ese día.

2 comentarios:

  1. Eu tamén estaba preparando unha entrada sobre Rosalía... pero con tanta información xa non sei que poñer!

    ResponderEliminar
  2. Grande poeta onde as haxa, Belén,a nosa admiración que vaian para ela:"Na fronte, unha estrela; no bico, un cantar.

    ResponderEliminar