| A FILLA DA RÍA DE PRATA. MÁIS QUE UN DOCUMENTAL
       A Filla da Ría de Prata é
o título dun documental producido por
Édelingua, pero tamén é o título da guía básica do concello de Sada que editaron os
alumnos e alumnas de 4º de PDC do noso instituto baixo a coordinación do
profesor do ámbito lingüístico e social, Xosé Seoane. 
Esta guía inclúe ademais o traballo
de campo realizado para a exposición de hórreos,
cruceiros, fontes e lavadoiros do concello de Sada e tamén dípticos turísticos de Sada en galego, castelán e inglés.  
     O proxecto
  parte dunha selección cultural de datos realizada con criterios de relevancia
  pedagóxica. Esta relevancia vén dada, non pola cantidade de información
  ateigada, senón polo desenvolvemento da capacidade de analizar e comprender
  globalmente a realidade.  Por outra banda, esquecer quen somos e de
  onde vimos é perder a memoria histórica, é renunciar ao noso pasado. A recuperación
  da memoria colectiva,do entorno máis inmediato, da humilde beleza do noso é
  outro dos obxectivos que se pretenden conseguir con este proxecto. Por iso
  este enfoque non pretende a memorización dos contidos, nin tampouco a súa
  reprodución. Pretende crear situacións e experiencias de aprendizaxe nas que,
  a través da análise da información, a discusión, a indagación e o punto de
  vista compartido, os alumnos e alumnas sexan quen de construír os seus
  propios coñecementos. Isto ademais contribuirá a crear as condicións
  necesarias para que sigan interesándose pola cultura social e sigan
  aprendendo no futuro. En definitiva, preténdese capacitalos para a súa
  realización persoal, para o exercicio da cidadanía activa, para a
  incorporación satisfactoria á vida adulta e para o desenvolvemento dunha
  aprendizaxe permanente ao longo da súa vida. 
    Esta guía é a
  suma dos traballos individuais elaborados polo alumnado baixo
  a coordinación do profesor. É o resultado final dun longo proceso. Este
  proceso de elaboración partiu da busca e selección da información máis
  relevante do concello de Sada, consultando as máis diversas fontes, e remata
  coa edición desta guía práctica e sinxela que recolle todos aqueles aspectos
  importantes que todos os sadenses deben saber do entorno no que viven.  
    Con este e outros
  proxectos de traballo similares,  os nosos alumnos e as nosas alumnas
  acadarán o obxectivo fundamental da educación: convertérense en
  cidadáns informados que sexan quen de interpretar a realidade social de xeito
  reflexivo e crítico, e que saiban comunicarse e relacionarse cos demais
  empregando correctamente os códigos da cultura social e así dese xeito poder
  levar a cabo o seu proxecto persoal de vida. | 
3/6/12
PRESENTACIÓN DE ÉDELINGUA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
 
 
Esta presentación da presentación de Édelingua é ben chula!
ResponderEliminarComo me gustaría aprender a facer estas cousas...