14/5/12

Un bo poemario

 PARA REMEXER CONCIENCIAS
Con coherencia e credibilidade.
HÉITOR MERA
Efectivamente, talmente como galerna ou como un trebón desbocado,así aparece diante de nós este novo poemario da man de X.M.Álvarez Cáccamo, para remexer as conciencias,para abrir os ollos apaticamente pechados e para sermos conscientes,aínda que sexa cunha boa morrada, e percibirmos, xa que logo, a realidade cun algo máis de crítica persoal e social. Mais non pense o lector desta recensións que A boca da galerna unicamente configura un poemario social ao uso.Xoga coas contraposicións da acción e da omisión. Reproduce ou evoca o que non podemos permitir e como debemos solucionalo. Por iso, a mensaxe, o expresado, intuído e versificado no poemario de Cáccamo é a confirmación dun sentir alicerzado no persoal pola coherencia e credibilidade dunha traxectoria e no poético pola solidez dunha obra poética enriquecida con este libro. Sempre saudamos con pracer a chegada de poemarios de calidade nestas páxinas e, neste caso, como non podía ser doutro xeito, recomendámolo a todos os lectores. ÁLVAREZ CÁCCAMO,X.Mª,
A boca da galerna/La boca de galerna, Ed.Espiral Maior, A Coruña,2012,
Vía http://www.farodevigo.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario