26/4/12

EXPOSICIÓN NO INSTITUTO SOBRE PAZ-ANDRADE

             O Instituto O Mosteirón de Sada  foi un dos escollidos para ubicar unha exposición itinerante que nas vindeiras semanas percorrerá distintos centros de toda Galicia. A mostra , que estará no centro desde o 4 ao 11 de maio, pretende achegar á mocidade a figura de Valentín Paz Andrade, escritor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
          Esta exposición componse de cinco paneis con pantallas integradas e unha videoproxección de gran formato que permiten un achegamento á súa produción literaria, ao seu compromiso político, á súa tarefa empresarial e á súa obra ensaística e xornalística.Asemade tamén contaremos con diversos materiais didácticos para que toda a comunidade educativa faga uso dos mesmos. 
Un propósito de Édelingua é propiciar que os centros da zona teñan a oportunidade de visitar esta exposición de grande aproveitamento didáctico, polo que todos serán convidados a asistir ao noso instituto. 

2 comentarios:

  1. Que boa pinta ten! Que sorte tivemos! Supoño que non sería doado conseguila...
    Onde vai estar? Na entrada ou na cafetaría?

    ResponderEliminar
  2. COIDO QUE É UNHA EXPOSICIÓN MOI BOA, SEGUNDO ME COMENTARON. UN PRIVILEXIO TELA NO NOSO CENTRO.

    ResponderEliminar