CONCURSO DE CALENDARIOS DE MESA DO ANO 2012
Convoca o EDLG do IES Mosteirón
BASES DO CONCURSO
1. Tema: libre.
2. Xurado: Integrarán o xurado 3 persoas, unha por cada colectivo presente no centro (profesorado, alumnado e PAS).
2. Criterios do xurado: O xurado nos seus criterios de selección do(s) calendario(s) gañador(es) valorará de xeito especial a inclusión de slogans, imaxes e textos con mensaxes normalizadoras e reivindicativas da lingua galega así como de calquera aspecto da cultura galega. Asemade a orixinalidade no deseño tamén será tida en conta.
3. Participación: Poderá participar o alumnado do centro.
4. Requisitos das obras presentadas:
4.1. O material de soporte do calendario deberá ser un triángulo de cartolina. A base servirá de apoio do calendario mentres que en cada unha das outras dúas caras aparecerán seis meses do ano. Cara A (xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño) / Cara B (xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro).
4.2. No calendario deberán vir sinaladas de forma diferente, como mínimo, as seguintes datas: as fins de semana, as vacacións escolares (nadal, entroido, semana santa, Día das Letras Galegas, vacacións do verán...) e os festivos de carácter nacional e autonómico.
4.3. No calendario deberán figurar o nome do centro (IES MOSTEIRÓN) e o logotipo do EDLG.
5. Entrega de orixinais: Os orixinais entregaránselle ás titoras e aos titores que llos entregarán ao coordinador do EDLG do centro.
6. Prazo de entrega de orixinais: Os orixinais poderán ser entregados ata o día venres 18 de novembro de 2011.
7. Premio: O calendario gañador será impreso e repartido a toda a comunidade escolar como agasallo de Aninovo un día do mes de decembro, nesa mesma data darase a coñecer o nome da persoa gañadora e se lle fará entrega do premio consistente nun vale por valor de 30 euros en produtos culturais galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario