As irmandades culturais xurdiron o pasado ano como grupos de traballo formados por alumnos de distintos cursos e coordinados por un profesor para a realización de traballos de campo específicos.
Inicialmente este ano pretendemos traballar sobre os seguintes aspectos:
Catalogación e estudo dos hórreos no concello de Sada.
Catalogación e estudo das fontes e dos lavadoiros do concello de Sada. Completarase este traballo coa recolleita de material de tradición oral popular relacionado con esta temática.
Catalogación dos cruceiros do concello de Sada.
Exposición fotográfica: Sada na memoria: do 1900 ao 2000. Trátase de facer un estudo comparativo a través de fotografías antigas (con corenta anos de antigüidade ou máis) e a fotografía actual. Poden ser fotografías de lugares, paisaxes e persoas, pero sempre coa referencia espacial dalgún lugar do concello para nos permitir facer a mesma fotografía na actualidade.
Estudo da toponimia do concello de Sada. Complementarase con fotografías de cada un dos lugares estudados.
Recuperación da tradición oral popular de Sada. Edición especial no boletín Édelingua do EDLG e posibilidade de edición documental audiovisual.
Valentín Paz Andrade, Letras Galegas 2012.
Anímate! Sen a túa colaboración, todo isto non ten sentido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario