Desde o EDLG lanzamos unha proposta de traballo sobre a toponimia do noso concello. Os nomes de lugar agochan moitos segredos sobre a orixe dos nosos eidos.
Quen sabe por que se chama Mosteirón o noso instituto?
Había quizais algún mosteiro na zona?
Ou foi por outro motivo que lle deron este nome?
Preguntástesvos algunha vez de onde veñen os nomes dos lugares nos que vivides?
Algúns grupos de alumado xa comezaron as súas pescudas. Se cadra alguén de vós quere colaborar co noso labor e nos achega informacións .
De momento ofrecemos unha listaxe cons nomes de lugar que aparecen no NOMENCLATOR .
Carnoedo: Agra - Brañas, As - Campo da Cruz - Campo das Mantas - Carballo, O - Carreira, A - Chan da Aldea, O - Espiñeiro - Fonte Grande - Fonte Nova, A - Fonterrota - Foxo, O - Gaiba - Lamela, A - Pedreira, A - Pega, A - Pereira, A - Pereiros, Os - Ríos - Salto - Seixo - Sobre da Vila - Souto - Taibó - Torres, As - Xesteira, A
Meirás: Agras, As - Cañota, A - Cimás - Cruceiro, O - Encrucillada, A - Muíño do Vento - Pé do Muíño, O - Peredo - Piñeiro - Redondo, O - Regueira, A - Senra - Souto da Igrexa - Tornos, Os - Torrón - Tumbadoiro - Valía, A - Valo, O - Vilar
Mondego: Agra Pequena - Ameixeiral - Capela, A - Carta - Fontoira - Fortiñón - Granxa, A - Illós, Os - Lácere - Lagoa, A - Lamela, A - Mazón - Pampillal, O - Quintán - Trasín - Valo, O - Vertín
Mosteirón: Cacharrete - Carballal, O - Catro Esquinas, As - Esperela, A - Machado - Mosteirón - Outeiro - Souto Vello - Vista Alegre
Osedo: Agra das Arcas, A - Caño - Carballal, O - Carballiño, O - Casteliño, O - Castelo - Castro, O - Couto, O - Fraga, A - Gateñas, As - Loureiro, O - Miñovedro - Osedo - Regas, As - Seixeda - Seixo, O - Senra, A - Torrente - Xan Amigo
Sada: Barros, Os - Beloi - Chaburra, A - Couto, O - Fontán - Grela, A - Pazos - Ramalleira, A - Riovao - Sada - Sada de Arriba - Samoedo - Serra - Tarabelo, O
Soñeiro: Agra - Agras, As - Alborelle - Cabidos, Os - Campo de Sar - Coiro - Costa - Cova, A - Espírito Santo, O - Fonte Boa - Fonte da Vila - Mandín - Valías, As - Vilabranca
Veigue: Besta, A - Chan da Agra, O - Chan da Aldea - Cirro - Creba o Carro - Cruceiro, O - Faramenga, A - Fraga, A - Lagos, Os - Lapa - Ortiga, A - Quintán, O - San Pedro - Soutilo - Valexa, A
Belén xa encontrei case todos os nomes,pero hai algúns que é imposible encontralos!!!
ResponderEliminar