Hoxe celebramos o Entroido e o vindeiro venres no segundo recreo faremos a entrega de premios ás mellores comparsas. Ese día haberá tamén a estrea dunha nova curta. Non a perdades.
E a semana vindeira a seguir correndo o entroido e
a desfrutar moito rapazada !
* O entroido ao tizón, a Páscoa ao sol.
* Día de entroido ou de Páscoa, cada papón na súa casa.
* O antroido coas súas artes, botou a San Matías fóra do martes.
* Martes de entroido, cando has de vir;
casquiñas de ovos, case habedes de ruxir.
* Entroido larafuzán, coméchesme a carne e deixáchesme o pan.
Cantiga de entroido:
"Adiós" martes de Entroido,
"adiós", meu amiguiño,
hasta Domingo de Pascua
non comerei máis touciño".
Que guapos!!!
ResponderEliminarBueno,Belén,ya le ganaste al blog de la biblioteca en algo:¡¡¡COLGASTE ANTES LAS FOTOS DE CARNAVAL!!!
ResponderEliminarQue Anónimo tan impertinente...
ResponderEliminarMoi bonita a presentación, Belén!
Esta moi ben, apreciase que os Mimos somos os teus favoritos!
Eliminar