Como todas e todos sabedes o día 14 deste mes é San Valentín, e para facerlle os honores a Cupido, temos organizado no instituto un concurso de microrrelatos de amor.
Ademais o EDLG vai facer unha mostra de poesía amorosa escrita na nosa lingua. Nos próximos días iremos subindo a este blog algúns dos poemas expostos no recibidor, para que lles sirvan de inspiración aos que aínda non se animaron a escribir o seu microrrelato.
Aquí queda o primeiro dos poemas , de Avilés de Taramancos , un dos nosos grandes .
PRIMEIRO AMOR, PRIMEIRA MORTE
Todo canto eu amei
perdéuseme contigo:
a luz clara e
vibrante da miña xuventude,
os bosques
entrañables perfeitos de quietude
onde o vento vivía
con un lecer antigo.
Entón era o silencio
o meu mellor amigo,
era eu namorado de
todo canto vía
vivir era unha leda,
fermosa moradía
onde o mencer entraba
recendendo a pantrigo.
De súpeto viñeches
con esa lonxanía,
caraveliño feble en
terra ventureira
e eu abrín outra nova
fiestra para o día.
E todo canto amei foi
unha lumieira,
foi a fouce tan
íntima que de cote se afía
para ceifar dun pulo
brutal a primaveira.
ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS
De «Poemas a Fina Barrios. Pequeno Canto» (1960),
recollido en «O tempo no espello» (1982)
Moi boa iniciativa esta mostra de poesía, no centro e no blog.
ResponderEliminarEste primeiro poema deixa o listón moi alto...
Desde logo Inés, é un poema cargado de suxestións.
ResponderEliminar