http://edulin-2.blogspot.com/2011/12/buscando-linguas.html
Creo que toda a comunidade educativa do IES O Mosteirón se debe sentir orgullosa por este traballo de dinamización da nosa lingua que estamos a levar a cabo; entre todos e para todos.
A Esperela comentou: "De Mosteirón para o mundo". Agora podemos completalo: " En galego para o mundo".
Isto non fixo máis que comezar. Non vai haber quen nos pare , nin a nós nin ao galego.
ResponderEliminarObsérvese como os comentarios inciden na boa montaxe feita por Javier. Temos un profesional!
ResponderEliminarConcordo, concordo!
ResponderEliminarOla, son Laura Pita, ex-alumna de Mosteirón. Agradoume moito atoparme con esta curta e descubrir o traballo que se está a realizar no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do meu antigo colexio.
ResponderEliminarQuero que saibades que o voso video está a ser empregado como ferramenta didáctica na Universidade da Coruña para os alumnos que estamos a cursar o Master de Profesorado, concretamente na asignatura de Educación e Linguas en Galicia (que imparte Goreti Sanmartín).
Paréceme que fixéchedes un moi bo traballo e agrádame moito que alumnos de Mosteirón esteades a ensinar á sociedade unha lección tan valiosa.
Parabéns e seguide a desenvolver iniciativas tan interesantes.
Un saúdo para todos,
Laura
Ola, Lauriña, que sorpresa e que alegría saber que Mosteirón volveu a ti... Presume de instituto!
ResponderEliminarUn bico moi forte da túa titora :)
Grazas Laura, eu tamén me alegro moito de saber de novo de ti.Xa nos contarás algo sobre esa materia cun nome tan interesante.Un bico.
ResponderEliminarMoitas grazas, Laura. Gustoume ter novas túas e por suposto, ver que segues o noso blog.Alégrome de que esteas cunha profesora tan competente, coma é Goretti.Saudiños.
ResponderEliminar