Para írdesvos ambientando nas festas que xa logo comezan,podedes escoitar este fermoso tema de Berrogüeto titulado Nadal de Luintra .
Cara Belén camiña
unha nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
unha nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada:
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada:
-"Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?"
-Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
quen á porta me chama?"
-Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
-Se traen cartos que entren
e se non que se vaian.
-Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
e se non que se vaian.
-Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
- Iso son poucos cartos,
pídano noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
pídano noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
- Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
Que máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?
non te apenes por nada,
Que máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?
No seguinte enlace podedes atopar moitos recursos para usar nestas festas: contos, cancións, obras de teatro, adeviñas,etc.
Que bonito!!!
ResponderEliminarInteresante!
ResponderEliminar