2/12/11

VEIGUE

                                VEIGUE
                                                                Praia de San Pedro

Segundo as pesquisas dos alumnos de 3º de ESO, que seguen a traballar na toponimia de Sada, Santa Comba de Veigue é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 415 habitantes, distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando contaba con 328 habitantes.
Veigue conta con dúas praias :
A praia de San Pedro, con 260 metros de longo e 57 de largura media. É unha praia que salienta pola súa beleza, e conta cunha pequena illa. Cando a marea está baixa, pódese andar por ela, aínda que só conta con algunha árbore dispersa. Así mesmo ten un cámping a poucos metros da area.
A praia de Cirro, é unha praia semiurbana cun grao de ocupación alto, moi próxima á anterior. As súas augas son tranquilas coa area fina e branca. Está conformada por dúas praias pequenas, separadas por rochas e dunha gran beleza.
Así mesmo, ten unha pequena igrexa antiga, e en fronte dela un cruceiro Os cruceiros son cruces de pedra que se colocan en lugares como son os cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas, ou incluso en entradas a cemiterios, sempre en relación con lugares de culto. Tamén se fala algunhas veces de cruceiros ó referirse ás cruces do viacrucis. Estas cruces adoitan alzarse sobre unha plataforma con banzos que é común en Galicia e Irlanda, se ben na nosa comunidade autónoma tamén existen exemplares de cruceiros sen eles. 


Doutra banda, citaremos os lugares máis salientados de Veigue: A Besta, O Chan da Agra, Chan da Aldea,Cirro, Creba o Carro, O Cruceiro, A Faramenga, A Fraga, Os Lagos, Lapa, A Ortiga, O Quintán, San Pedro, Soutilo e A Valexa. 
Finalmente hai que destacar un personaxe ilustre: Eugenio Pazos Pereiro, directivo de La Unión de Veigue, da Asociación Popular de Defensa de Sada, e presidente de La Unión Gremial Mercantil, da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista e da Izquierda Republicana, nos anos 30.




No hay comentarios:

Publicar un comentario