No Concello de Sada , son varios os lugares que levan este nome , Agra (Carnoedo), As Agras ( Meirás), Agra pequena ( Mondego), Agra das Arcas ( Osedo), A Grela ( Sada), Agra e As Agras ( Soñeiro) e Chan da Agra ( Veigue)
Se consultamos no dicionario da Real Academia Galega podemos atopar a seguinte definición:
Agra s.f. Grande extensión de terra de cultivo, dividida en leiras ou agros que pertencen a distintos donos.
Ex.”Todas as aldeas de Galicia teñen a súa agra”. CF. seara, senra.
Polo tanto, e como di o exemplo do dicionario, todas as aldeas teñen ou tiveron a súa agra, e de aí o nome que se mantén en moitas parroquias de Sada.
Máis curioso resulta o caso de A Grela , escrito con artigo .
Trátase dun topónimo cun falso artigo , é dicir da forma AGRA fíxose o diminutivo AGRELA, como en tantos outros substantivos (de souto: soutelo, de porta: portela ) , posteriormente interpretouse o A inicial como un artigo e empezouse a escribir A GRELA , separado, case como se tratase dunha grela femia.

Na actualidade temos en Galicia 26 Agrelas, 15 escritos separadamente e 11 escritos xunto.
Unha lingua é sistemática , pero ten tamén as súas irregularidades, e cando esta anomalía se consolida na fala e na escrita, aparece un falso artigo e unha palabra transfórmase en dúas. Isto é o que aconteceu tamén noutros topónimos como O GROVE ( > OGROVIU) , A BAÑA ( > AVANIA) ou O INCIO ( > ONITIU)
(Novas achegas sobre a toponimia de Sada , feitas polo alumnado de 3º ESO )
É bo saber o que significa onde vivimos pola nosa curiosidade e non so por iso se non por saber un pouco de cultora de nosa terra. Recomendo este video Ben Falado da TVG sobre o traballo de recollida de toponimia do CPI de Navia de Suarna (Lugo)
ResponderEliminar