Como parte das actividades realizadas no centro para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o EDLG está proxectando varias curtametraxes nos recreos ao longo desta semana . O alumnado de Bacharelato puido asistir á proxección da película Te doy mis ojos coa posterior participación nunha mesa redonda, na que compartimos necesarias reflexións sobre un mal tan serio na nosa sociedade.
Parabéns e grazas a todo o alumnado que dedicou parte do seu tempo de recreo á colaboración nestas actividades .
Está previsto que o luns, varios compañeiros e compañeiras fagan unha pequena representación (performance) tamén sobre a violencia de xénero. Para isto previamente o alumnado de 4º de ESO compuxo o seguinte rap:
Hoxe el tamén o fixo,
el nunca pode parar,
bate nela sen prexuízo
e ela chora sen cesar.
Ela dille BAS TA
el non pode PA RAR
El nunca lle dá importancia,
sempre a ignora , que máis dá
bate nela , malla e malla
e ela chora sen cesar.
Ela dille BAS TA,
El non pode PA RAR.
Pero hoxe todo cambia
hoxe todo vai cambiar,
Imos todos axudala,
a súa vida ha mellorar.
Ela dille BAS TA
el non pode PA RAR
Cando el volva buscala
Boa sorpresa vai levar,
Deixará a vida pasada,
Ela xa non vai estar.
Ela dixo BAS TA!
Ela puxo FI NAL.
O luns cando? Onde?
ResponderEliminarO luns será ás 12.10 na cafetaría
ResponderEliminar