Como norma xeral , o complemento directo non leva a preposición a , polo tanto:
Forma correcta: Vexo o can desde a ventá
Forma incorrecta: Vexo ao can desde a ventá*.
Só é obrigatorio o uso da preposición a co complemento directo (CD) de persoa nos seguintes casos:
• Cos nomes de parentesco, se estes non van precedidos de artigo:
Vin a teu pai
• Cos pronomes persoais tónicos:
Mirouna a ela e marchou. (Distinto de: Mirouna ela e marchou.)
• Na comparación : Quérolle como a unha nai.
Criou tan ben os fillos coma ás fillas
• Na correlación un a(o) outro: Chámanse seguido uns a outros.
• Ante todos referido a persoas : Vinos a todos na cafetaría do campus.
En xeral, tamén se usa nos casos seguintes:
1. Cos identificadores alguén e ninguén, sobre todo cando non levan ningún especificador: Vin a alguén na festa.
2. Diante de nomes propios de persoa, se non van precedidos de artigo, ou ante outros nomes propios: Onte coñecín (a) Antón. O sismo que azoutou (a) Cataluña.
SE QUERES VER TODAS AS ACLARACIÓNS QUE FORON EDITADAS ATÉ ESTE MOMENTO FAI CLIC
NO SEGUINTE ENLACE :
Grazas, Belén!
ResponderEliminar