17/11/11

ESTOUPAR ≠ EXPLOTAR

5. Estoupar  ≠ Explotar

estoupar:  Romper [unha cousa] violentamente con ou sen ruído ó sufrir unha forte presión. Estoupou unha bombona de gas butano. As castañas comezaron a estoupar no lume. SIN. esbourar, estourar. CF. estalar.
explotar :Sacar proveito de [unha fonte de recursos naturais]. Explotar unha mina de ouro. 2. fig. Utilizar [unha cousa] ata sacar dela o máximo proveito.
OBS. É castelanismo que cómpre rexeitar, o uso de explotar por estalar, estoupar, estourar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario