O Incal é o primeiro cómic no que aparece a figura do "metabarón", e está no mesmo universo que esa preciosa e mastodóntica obra mestra tamén escrita polo chileno e deseñada por Juan Jiménez: A casta dos Metabaróns.
O Incal é un dos meus cómics favoritos e un dos mellores que teño lido. O Incal foi creado por Alejandro Jodorowsky no guión, e Moebius na parte artística. Saíu ao prelo no ano 1880, revolucionando o xénero de ciencia-ficción e converténdose no cómic europeo máis divulgado da historia da banda deseñada.
Ambos autores teñen unha imaxinación desbordante que aproveitan para crear un dos cómics máis imaxinativos da historia e que marcou unha época na historia das novelas gráficas. No Incal créase un universo complexo no que se tratan varios temas: o ben e o mal, o poder, a rebelión, etc.
O debuxo de Moebius é espectacular e con todo tipos de detalles. Ademais a obra ten unha boísima ambientación futurista. Con todo tipo de cidades, criaturas, vehículos, etc.
Unha obra mestra que ninguén se debería perder xa que é un dos cómics máis importantes da historia, unha historia irrepetible que nunca se esquece.
Moebius |
Outras recomendacións do mellor que teño lido son as seguintes:
Watchmen: (Alan Moore e Dave Gibsons):
Un dos mellores cómics que deu a historia e quizais o mellor que lin. Cunha narración fantástica e cuns personaxes complexos e inesquecibles
A casta dos metabaróns: (Alejandro Jodorosky e Juan Jiménez) Un historia épica e coa narración poética que caracteriza a Jodorosky.
A
mansión dos murmurios: Este cómic galego, ao principio, non me chamou moito a
atención. A verdade, ía pola páxina trinta do primeiro tomo (Sara) e notaba que lle faltaba algo, pero
decidín seguir lendo e pouco a pouco pareceume que a trama melloraba. AÍnda que non é tampouco un cómic determinante, peréceme bastante bo; ademais
algo que me gustou é o debuxo ainda que non sexa espectacular pareceume que
está moi ben feito. Este é un cómic que, aínda que non vaia ser o mellor que
podedes leer, vos fará pasar un bo rato.
Quotidiana delirante |
Quotidiania delirante: Esta obra do autor galego Miguel Anxo Prado
decidina ler para saír un pouco da rutina de ler sempre obras de cómics
americanos de ciencia-ficcion, ou de autores complexos como son Moore
ou Jodorowsky. Por iso decidín ler esta obra divertida e coa que un
disfruta con todas as aventuras descabelladas que lle suceden aos
protagonistas; ademais , alén diso, hai que engadirlle o debuxo
magnífico de Miguenlanxo.
Foi o arrinque para ler banda deseñada na lingua do país.
Engado ao meu traballo dúas obras máis que lin nestas vacacións e que me parecen excelentes:
1. From Hell: Esta obra feita polo mellor escritor de banda
deseñada da historia: Alan Moore, e o debuxante Eddie Campbell, é toda
unha obra mestra, que necesita dedicación xa que é bastante complexa,
pero aínda así se converte nunha das mellores obras que tiven a
oportunidade de ler.
2. The crow: De James O'Barr . Unha obra que me sorprendeu e que
me deixou estupefacto, xa que en absoluto esperaba que fose tan boa,
ata quedar abraiado coa sua dureza na narración e no debuxo.
From Hell
Planetary: (Warren Ellis e John Cassaday). O mellor cómic da
década na que se fai unha homenaxe a todas as historias Pulp do século XX e cun
argumento espectacular.
|
The crow |
Akira:( Katsuhiro Otomo). A obra que
fixo chegar o manga ao mercado internacional é unha obra clave no mundo do cómic.
Adolf (Osamu Tezuka). A obra maestra de Osamu Tezuka é todo un
clásico.
A aparición duns documentos sobre a orixe xudía de Hitler
porán en perigo o réxime Nazi, estes documentos serán buscados por
membros da gxestapo e a "Kempentai" (policía secreta xaponesa) para
destruilos. No outro bando atópanse os enimigos do partido
Nazi que queren facelos públicos.
Neste manga amósanse os horrores da segunda guerra mundial
en Europa co exterminio dos xudeus e en Asia coas matanzas
levadas polas forzas imperiaiss xaponesas. Trala guerra a acción trasládase ao novo estado de Israel, con Kaufmann e Kamil en bandos
enfrentados.
Grazas polas túas recomendacións, Isaac.
ResponderEliminarTerémolas en conta para a biblioteca!
Parabéns, Isaac, por ter feito estas reseñas
ResponderEliminar