Esta última película de Ignacio Vilar está inspirada nunha comuna
lucense dos anos setenta e amosa dúas formas de entender a vida, por unha
banda, a duns mozos 'hippies' e, pola outra, a dunha sociedade que está a dar
os seus primeiros pasos en democracia.
En “Vilamor” a acción transcorre en 1976 cando Breixo, un rapaz
seminarista dunha vila das montañas de Lugo, se atopa cunha comuna na aldea de
Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar o
grupo que acaba de chegar para recuperar a aldea, fronte a veciños que
parecen non compartir este soño de liberdade.
|
O
pasado 30 de marzo estreouse Vilamor,
película galega e en galego, que pasará polas salas de cinema de todo o país. A
partir do 3 de maio estará na Coruña
nos Filmax .
Para
aproveitar o talento, imaxinación e creatividade do alumnado e para potenciar a
asistencia da xente ás salas de cine e
fomentar a educación audiovisual argallouse o concurso "Tes que vela". Le aquí as bases:
Bases
• Creación dun vídeo co
lema “Tes que vela” (que debe aparecer gráfica ou verbalmente)
• Duración: máximo 30
segundos.
• Participantes: máximo
13 persoas por vídeo.
• Número máximo de
vídeos por participante: 3
• Premio: unha fin de
semana nos Ancares
• Xurado: o director e
os actores principais de Vilamor
Como
participar
• Os participantes
terán que colgar un vídeo en Youtube co título: “Vilamor, a película. Tés que
vela + título da vosa creación”.
• Entre os vídeos máis
difundidos elixiranse 5 finalistas. O xurado reservarase a posibilidade de
destacar algún outro vídeo que non teña tanta difusión pero que destaque pola
súa calidade ou orixinalidade.
• De entre eses vídeos
finalistas o xurado elixirá o vídeo gañador.
Prazo para a presentación dos vídeos
Dende o 26 de marzo ata o 30 de maio. O vídeo gañador darase a
coñecer durante o mes de xuño.
Premio
Os gañadores do mellor vídeo disfrutarán dunha fin de semana nos
Ancares cos protagonistas e o director de Vilamor acompañados dun tutor
legal, se son menores de idade. Todos os gastos serán pagos.
|
Adiante, Édelingua!
ResponderEliminar