7/4/12

Non estamos a mudar de normativa de cotío!

CAMBIOS NO NOVO TEXTO DAS NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO, APROBADAS POLA REAL ACADEMIA GALEGA, EN SESIÓN PLENARIA DO DÍA 12 DE XULLO DE 2003, CON RESPECTO Ó TEXTO DA EDICIÓN DE 1995. Consultarwww.xunta.es › Inicio, para calquera dúbida que teñades. De seguido podedes ver este vídeo (Suceo inaudito na Estación do Vitrasa), de carácter irónico, no que amosa unha parodia do descoñecemento das normas. A conversa dáse entre dúas rapazas. Para alén disto, por fin temos o Dicionario da RAG na rede o que ven facilitar a procura de entradas de diferentes vocablos da nosa lingua. Unha boa ferramenta para todos, tamén para os alumnos que terán ao seu dispór un instrumento moito máis cómodo e rápido. Consultádeo neste blog.

SHOWBUS. A Nova Normativa. from Showbus on Vimeo.

1 comentario:

  1. Ja,ja, ja, desde 2003 e aínda algúns lle chaman a nova normativa ! É a desculpa dos que pasan do idioma,que argumentan que as normas cambian cada pouco e que por iso non as aprenden.
    Por se hai algún despistado poñemos tamén o enlace ás normas ortográficas e morfolóxicas do idioma.

    ResponderEliminar