10/4/12

Édelingua gaña o concurso de vídeos do Correlingua 2012

Reproducimos o correo electrónico que nos achegaron da organización do correlingua 2012:

Prezadas amigas e amigos do grupo Édelingua e da EDLG do IES O Mosteirón:
Teño o pracer de vos comunicar en nome do xurado do concurso de vídeos do Correlingua 2012 que resultastes gañadores do concurso.
O xurado valorou o traballo realizado no vídeo titulado Galego, todo o que buscas e especialmente a súa emotividade e contido orixinal polo que resolveu premiar ao grupo Édelingua do IES O Mosteirón.
O acto de entrega de premios terá lugar o día 16 de abril ás 11.30 no salón de actos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Neste acto participarán , ademais de unha representación das entidades organizadoras do Correlingua (A Mesa pola Normalización Lingüísitica, Confederación Intersindical Galega- Ensino e Asociación Socio-Pedagóxica Galega), os concellos de Pontevedra, Vigo e Lugo, e a Deputación de Lugo.
Neste acto gostariamos de contar coa vosa asistencia como gañadores do concurso de vídeo.
Ademais informámosvos de que o premio consistirá nunha visita á Eira da Xoana, unha finca situada no concello de Agolada e xestionada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza o sábado día 19 de maio, onde se realizarán diferentes actividades de coñecemento da natureza da zona e arredor do Día das Letras Galegas.


Dende o EDLG felicitamos a todos os que dunha ou doutra maneira participaron na produción deste vídeo. "GALEGO, TODO O QUE BUSCAS".

4 comentarios:

  1. Que alegría!!
    Que premio tan merecido!
    Que orgullo para o noso centro contar cun equipo de profesionais como os que formades Édelingua!
    Dende A Esperela enviamos a nosa máis emocionada felicitación.
    Grazas polo voso traballo e noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas felicidades e tan merecidas por ese traballo tan prezado.

    ResponderEliminar