20/5/12

ÉDELINGUA NAS TERRAS DA ULLOA

     O sábado 19 de maio, alumnos e alumnas do instituto participaron na Eira da Xoana dunha xornada moi especial. Édelingua participou na "Festa da Diversidade Natural e Cultural" organizada por ADEGA (asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) coa proxección da curtametraxe coa que acadou o premio do certame "Correlingua 2012"  Galego, todo o que buscas.
     Foi un día inesquecible. Queremos darlle as grazas a Marcial, o noso anfitrión e guía, pola visita ao castelo de Pambre e a ruta da natureza polas terras da Ulloa. Grazas a todos os que participaron desta emotiva xornada polo seu trato e polos seus aplausos e parabéns logo de ver a nosa curtametraxe.
     ADEGA, dende hai case corenta anos da súa fundación, está a desenvolver unha chea de actividades encamiñadas á defensa do noso contorno natural e das nosas raíces culturais. A Eira da Xoana é un proxecto aberto que ten como obxectivo concienciar e poñer en práctica os principios ecoloxistas e socioculturais que defende esta asociación ecoloxista.
     Non deixedes de visitar o blog  eiradaxoana.blogaliza.org.







3 comentarios:

  1. Vaia boa pinta que ten esta actividade, e que paisaxes!
    Seguramente que ademais de desfrutar duns espazos tan fermosos aprendestes moito. Que envexa!

    ResponderEliminar
  2. Pois si que ten boa pinta!
    Afortunados vós e noraboa outra vez a Édelingua!

    ResponderEliminar
  3. Que espazos naturais tan fermosos! De certo que os rapaces o pasaron moi ben e lles pareceu unha actividade moi didáctica.

    ResponderEliminar