Francisco Castro pon unha pinga de optimismo nestes tempos duros para o idioma ( e para tantas cousas imprescindibles ). Aínda que esa pinga sexa unha bágoa de desalento ás veces ou chuvia de treboada outras, o bando dos bos ,como di o autor, fará que o idioma non esmoreza.
Grazas polo alento necesario.
Grazas polo alento necesario.
Hai
unhas semanas chegoume un curioso libro no que atopei ese dato, arrebatador,
co que titulo este artigo. Que dos moitos músculos que hai no corpo humano, o
máis forte é a lingua. O dato é sorprendente pois un tende a pensar nos
bíceps, ou algo así, se pensamos no máis poderoso músculo da nosa anatomía. E
se dicimos músculo pois iso, pensamos en chicha da dura, desa que medra a
base de esforzo e traballo ximnástico ou mesmo anabolizantes, chegado o caso.
Sen embargo é a lingua quen detenta o título máximo da afouteza corporal. A lingua,
a saber, esa parte de nós coa que falamos, coa que saboreamos, coa que
beixamos, coa que facemos bulra, coa que amamos, coa que damos pracer... a
lingua dura puntiaguda frecha estilete branda mol húmida seca longa curta
penetrante tímida ou como sexa que sexa a lingual forma e uso...
A
lingua...
Saber
iso pareceume todo un alento, e dos mellores e máis positivos para a nosa
causa. Porque se hai un asunto que nos ocupa, preocupa e agobia, é o da
lingua, como preservala, como saír da longa noite de pedra que, dende o
século XV, nos botaron por enriba e que, agora coa escusa da crise, golpea
sen piedade deixándoa morrer sen apoios de case que ningunha clase. A lingua.
Esa que os encargados polo Estatuto teñen obriga de coidar e que non coidan coa
enerxía que deberan.
Levamos
séculos falando de que o galego morre. Que se acaba. Que a perda de falantes
é tan estrepitosa que calquera día desaparecerá a nosa fala e, con ela, a
historia completa deste país que, por suposto, deixará de ser país para ser
nada. Xusto o que moitos galegos e galegas, por incrible que pareza e duro
que sexa escribilo, desexan: o suicidio, a extinción, a amputación total ata
a desaparición absoluta.
Sen
embargo, non van poder. Porque a lingua é o músculo máis forte que hai. E
somos moitos os que a lingua a levamos non na boca, que tamén, senón no
corazón, no adn vital, na alma, no sentido. Algúns querémola tanto, pero
tanto tantísimo, que teimamos en transmitirlla aos fillos e fillas, como quen
outorga un agasallo de amor, vida e fe no futuro.
Que
traballen contra a lingua.
Ela vai
gañar a batalla.
Por
fortaleza e, sobre todo, porque nós somos o bando dos bos (e xenerosos).
Por Francisco Castro en Sermos Galiza
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario