Con frecuencia prodúcese a confusión entre estes dous termos coa mesma orixe
etimolóxica mais cun uso diferenciado.
Secreto
é un cultismo reservado para usarse como adxectivo, mentres que segredo , a palabra patrimonial,é sempre
un substantivo.
Polo tanto é incorrecto: Teño unha
mensaxe segreda * e haberá que dicir
“
Teño unha mensaxe secreta” xa que nesta
oración estamos diante dun adxectivo.
Por outra banda, tamén será incorrecto dicir “Teño un secreto” * xa que o propio é usar a
forma “segredo” cando se trata dun
substantivo.
SE QUERES VER TODAS AS ACLARACIÓNS QUE FORON EDITADAS ATÉ ESTE MOMENTO FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE :
Belén, falas como un libro aberto...
ResponderEliminar